domingo, 19 de diciembre de 2010

Venres de festa...Sabados de Troula!!!

Terceira victoria do Melide FS de xeito consecutivo a colleitada na tarde do sábado por 8-3 en Melide. O guion do encontro foi o de moitos outros. Primeira parte para esquecer e segunda coa remontada por garra e por grupo. Dos primeiros vinte minutos non hai moito que comentar, simplemente espesos, faltos de ganas de gañar e erraticos no pase, asi chegamos o descanso con 0-2. Totalmente diferente foi a segunda. Presión dende o incio e no minutos dous o encontro xa estaba empatado a dous. A partir de hai momentos de impas e erros clamorosos cara a porta rival ata os cinco últimos minutos candoo a pelota volveu a entrar. Con 4-2 o Troula sacou porteiro xogador e foi a súa morte final xa que o Melide aproveitou para matar o encontro. Os goleadores foron, Borja Casal tres, Bareto e Manu 2, e Tapi. Si Tapi, que se estrea como goleador, que temble Casal jeje. A destacar o tirón do grupo de Bareto na segunda metade, nesta ocasión non falou no vestiario (xa che dixen que o votara de menos) pero si no campo que é o que importa. Chegamos así o parón de Nadal cuartos a dous puntos do terceiro e cun partido menos. A volta do parón sera clave xa que xogamos co Negreira e dous encontros co Xove que van marcar onde temos que estar. Un sáudo e bo nadal a todos.

5 comentarios:

Tonecho dijo...

Esta semana non vou facer comentarios sobre o partido, so decirvos que BO NADAL, que disfrutes da saida e da entrada do ano ca vosa xente e que tomedes forzas para voltar con ganas xa que o regreso temos os 3 partidos mais importantes da tempada e que diran onde estamos realmente este ano.
Pasadeo ben e xa falaremos.
Un saudo a todos os do equipo, os amigos, os visitantes e o criticos tamen.
FELIZ NAVIDAD

manu.casal11 dijo...

ei falta a tabla dos goles por renovar ai qe poñer ai o gran tapicero co seu gol!ajajjajaj e tone feliz navidad a ti tamen e a toda a xente qe anda x aqi.xa nos vemos por ai!xaooooooo

Capitán Brunete dijo...

Un saludo a tod@s y un abrazo grande a ese pedazo de goleador nuevo que habeis fichado! je je je.
Feliz Navidad a toda la familia mercenaria de MELIDE FS!!!

Manito dijo...

Boas a todos!

Esta tempada non estou a participar tanto no blog como o ano pasado pero así e todo non quero perder a oportunidade de felicitar a todos os que, de algunha maneira, teñen relación co clube e desexarlles felices festas e unha boa entrada de ano, ós meus compañeiros (coidado cos excesos), ó míster (nunca choveu que non escampara), á directiva (Conde dimisión), ós críticos (o voso esforzo fainos mellorar) e, por riba de todos, a aqueles que veñen pasar frío o pavillón e incluso se desplazan por toda Galicia para ver xogar a catro mantas. Gracias a todos e, de novo, felices festas.
Por certo, un saúdo especial a Carlos Mosteiro (os teus aplausos bótanse en falta).
Nada máis, unha aperta a todos e vémonos polos pavillóns.
Abur.

Capitán Brunete dijo...

Anónimo opérate anda! Ya estamos cansados de tus comentarios. Vete a Sálvame! Habla de FÚTBOL SALA!

Fotos Semana Eypar 2010