domingo, 15 de abril de 2012

Xogo regular....gran resultado

Triunfo por 8-3 no encontro disputado este sábado fronte o Cidade de Viveiro en Melide. Marcador xusto xa que o Eypar Melide Fs non deu ningunha opción o rival. Comezou o partido co Melide agardando en media pista e co encontro equilibrado pero a partir dos dous minutos de xogo comezou a presión a toda a pista e pouco a pouco comezou a surtir efecto e chegamos a poñernos con 3-0 e outras ocasións. Solo oubo un amago de reacción con un gol do Viveiro pero o Melide volveu a reaccionar marcando outros dous goles poñendo o 5-1. A falta de dous minutos para o descanso, por relaxación o Viveiro meteuse no encontro marcando o segundo e errando un dobre penalti a falta de 2 segundos que puido complicarnos a vida. Na segunda metade, como é habitual comezamos bastante mal e os visitantes maracaron o terceiro pero pouco a pouco volvemos o ritmo anterior e ampliamos a vantaxe ata o 8-3 final. Podemos dicir como conclusión que sen ser un bo encontro fomos netamente superiores, e penso que si necesitaramos algo mais podiamos ter subido un punto de intensidade. Destacar por segunda xornada consecutiva a Nando, que está rematando moi forte a tempada. Tamén dar ánimos a Manu que leva un par de semanas lesionado, e para o que se acabou esta tempada. A vindeira semana remata a tempada para o Eypar Melide FS e faino xogando no barco fronte o Pizarras Tres Cuñados. Ainda que é case imposible, viaxamos a ese encontro coa obriga de gañar para ter algunha mínima opción de ser campións, que ainda existen xa que o Leis empatou esta xornada e dependeríamos dunha derrota ou dun empate do Pizarras en Mera na última xornada. Un saúdo.

34 comentarios:

manucasal11 dijo...

MOITAS GRACIAS xente!!!! e animo pa semana que vamos ganala copa...jajajaja

S€RGI dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
S€RGI dijo...

Resultados xornada:
Mera B fs 4-2 Cidade de Orense
Xove fs 4-4 Leis Pontevedra
Pizarras los Tres Cuñaos - Descansa

Clasificacion:..........PJ....PTOS
1ºPizarras Los Tres.....4......10
2ºLeis Pontevedra.......5......9
3ºMelide f..............5......9
4ºMera B fs.............4......7
5ºCidade de Orense......4......3
6ºCidade de Viveiro.....4......3
7ºXove fs...............4......1

Proxima xornada:
Cidade de Orense - Xove fs
Pizarras Los...- Melide fs
Cidade de Viveiro - Mera B fs
Leis Pontevedra - Descansax

Capitán Brunete dijo...

Hola chic@s!
Qué pasa por MELIDE FS? No se sabe nada de vosotros! Al final cómo quedó lo de la copa? Vais hacer este año "Semana Eypar"? Queremos noticias de nuestro EQUIPO!

famous artists paintings dijo...

Very nice post,like your blog very much.Bookmark your blog and sharing with my friends.Thank you for your sharing.

Tonecho dijo...

Que paso Capitan. Final de temporada extraño, pero ya estamos trabajando en la nueva. La proxima sera la buena, seguro.
Un saludo y animate a hacernos una visita.

Capitán Brunete dijo...

Que pasa Tone! Por qué dices lo de extraño? En verano vais a hacer algo? joder a ver si para verano subo por ahí, que estoy liadísimo hasta agosto!

Anónimo dijo...

NOTICIAS 2012/2013:
Sale Disco Troco Vilalba FS en 3ª Division. Algun otro equipo nuevo?!

Abel dijo...

Sabemos equipos e modelo de competición ( un grupo ou dous )?

Anónimo dijo...

UN GRUPO SO
O ESTEO
BURELA B
PONTENOVA
VILALBA
RIBEIRA
VIVEIRO
XOVE
CORUÑA FS
MELIDE
LEIS
PAZOS
BUEU
ORENSE

Anónimo dijo...

Falta Vilamartín polo menos...

Anónimo dijo...

NO. Vilamartin se une con Los Tres Cuñados y salen en 2ª B.
Solo falta IES Coruxo.
14 equipos.

Anónimo dijo...

Falta el carballiño, 15 equipos

Anónimo dijo...

Tamen falta o Ventorrillo 16 equipos, unha liga moi atractiva

Anónimo dijo...

1. O Esteo
2. Disco Troco Vilalba
3. C.D. Rececende
4. C.D. Burela F.S.
5. Ribeira de Piquin
6. Xove F.S.
7. Cidade de Viveiro
8. 5 Coruña F.S.
9. Ventorrillo
10. Melide F.S.
11. Carballiño F.S.
12. Ourense
13. A.D.F.S. Bueu
14. Leis Pontevedra
15. I.E.S. Coruxo
16. S.D. Pazos de Borbén

Anónimo dijo...

Comienza la liga el 15 de septiembre, con un grupo unico de 16 equipos

Anónimo dijo...

O Esteo
Disco Troco Vilalba
Superti A Pontenova
Burela B
Ribeira de Piquin
Xove FS
Cidade de Viveiro
5 Coruña FS
Ventorrillo
Melide FS
Carballiño FS
CAFyD Pontevedra
ADFS Bueu
Leis Pontevedra
IES Coruxo
Pazos de Borbén

Anónimo dijo...

El melide empieza la liga el 15 de septiembre visitando la cancha de O Esteo As Pontes

Tonecho dijo...

Comenzamos a pretemporada. Mal partido, bon restultado. Partido comodo no que xogaron todos os rapaces novos, incluidos os mais pequenos onde nunca nos metemos ben no partido. A diferencia de outros anos, no momento que foi importante sacar resultados fixemolo e conseguimos sacar o partido fronte un moi organizado equipo do noso amigo Manolo, o cal lle desexamos moita sorte en autonomica este ano.
Un saudo a todos.

Tonecho dijo...

Xa temos a nova tempada na federacion galega de futbol. Liga unica con 18 equipos, comenzamos o dia 15 de setembro. Ide collendo ritmo e animandovos a participar darlle vidilla o blog.
Un saudo a todos.

Anónimo dijo...

Tonecho se queres que o blog teña ritmo,comentano algo acerca da nova temporada,equipos complicados,cantos ascenden dos 18,caras novas do melide fs,ect
Animos rapaces e sorte na liga!

Anónimo dijo...

SON 16 EQUIPOS!!!!

Anónimo dijo...

Son 16 equipos, ascende 1 e descenden 2. O maximo favorito o ascenso e o 5 Coruña F.S.

Anónimo dijo...

Tonecho comenta las altas y las bajas de la plantilla? hai fichajes? que porteros quedaron? vas a seguir con tu politica de subir juveniles sin experiencia para jugar en nacional?creo que para jugar en nacional y mantener el equipo no vale cualquiera..

Anónimo dijo...

Esteo 12-2 Melide

Anónimo dijo...

otra vez lo mismo. la banda de tonecho.
Arzua 4-0 riomao

Xurxo dijo...

Anonimo xa criticando sin ter nin idea,eso si que son bandas que x aora estan xogando en autonomica!!

Álvaro dijo...

Xurxiño atende o teu q bastante tes!!!!!
Fariñento do carallo.

Anónimo dijo...

12-2 !!!! matados!!!

Anónimo dijo...

xurxo en autonomica que es donde deveriais estar vosotros pero la pasta es la pasta por eso estais hai aun asi para el año volvereis a donde mereceis estar.

Pomba dijo...

Tonecho pa q pides q se participe no blog se sodes vos mesmos os q non o actualizades?
X algunha razón concreta?
Animo melide po ano seguro que teredes opcions en algún partido!!!!

Sergi dijo...

Intentarase o actualizar o antes posible. Por determinadas cousas ninguen se puido facer cargo do blog, esperemos que en breves estea en funcionamento coma sempre.
Un saudo. AUPA MELIDE FS!!!

Anónimo dijo...

Que poucos comentarios,debe ser porque o Melide gañou...

Anónimo dijo...

tampoco hubo luego de la segunda derrota...fenomeno

Fotos Semana Eypar 2010