domingo, 9 de diciembre de 2007

Cambio de mentalidade XA

Este titular e a conclusión a que chegamos logo de moitas conversas durante a reunión de onte post-partido, a cal temos que agradecer a directiva, e da que a nivel non so personal senón de clube se debe facer un tirón de orellas pola ausencia inxustificada de algúns xogadores.
Cambiando de tema e referindonos o encontro que nos enfrontou o Monterroso teño que dicir que volvimos a caer derrotados, e entre outras cousas unha das principales causas da derrota foi a mentalidade que temos xa que estamos inmersos nunha racha negativa que fai que ainda que o rival non nos aprete nos lle deamos facilidades.
Visitavanos o 4 clasificado da liga, e o Melide tiña a necesidade de gañar. Saimos cunhas ganas e un empeño de levarnos os 3 puntos moi bos, e iso levounos a dominar o encontro ata que no minuto 7, e logo dun autentico xogadon individual Cristian subia o 1-0 o marcador. Con este gol, collemos confianza e seguimos a manter unha boa defensa, e ademais nas chegadas do rival, Tapi estaba inspirado e conseguia salvalas, o Melide seguia xerando perigo e tivo duas ocasións en sendos corners, e sobre todo unha de Iván que logo dunha boa parede con Sergi remataba arriba.
Por vez primeira nesta tempada fomos o descanso con victoria no marcador e ademais con boas sensacións. A saida do segundo tempo tamén foi boa por parte do Melide FS, que non soubo rematar o encontro, xa que contabilizaronse ocasións moi claras, unha de Ivan nun man a man co porteiro, outro remate de Cristian o lateral da rede, un remate clarisimo de Javi (Rambito) por encima do traveseiro, un bo reverso de Sergi que sacou o porteiro, un corner de Nando, e algunha mais. E dicir estabamos dominando ata que quedando 12 minutos nun saque de esquina e nun erro defensivo o Monterroso establecia o 1-1, e ahi chegaron os tipicos intres de desconcerto, que despois dun saque de banda levaron o 1-2 o marcador. Por certo non e por escudarse na actuación do colexiado, pero tanto o saque de esquina como o de banda que propiciaron os goles eran favorables o Melide FS. Pese a adversidade do resultado o equipo seguiu traballando, e tivemos varias ocasión mais, pero nunha contra quedando xa pouco tempo o Monterroso poñía o 1-3 final.
Esta ocasión Baby iniciou o encontro con Tapi (1) na porteria, Nando (8) de peche, Cristian (7), e Chopi (5) nas alas e Ivan (9) de pivote. Tamén xogaron Angel (12), Rambito (2), Rafa (11) e Sergi (13).
En canto o de xogador mais destacado estaria entre varios, xa que gustoume moito o partido de Nando, Tapi, e tamén no seu debut Sergi
Dificil situación na que nos encontramos, e mais tendo en conta que a vindeira fin de semana, o Melide FS visita a pista do Mera, actualmente segundo clasificado. Dificil, pero non imposible asique como xa dixen outras veces debemos estar TODOS, e volvo a remarcar o de TODOS se queremos sacar isto adiente.

5 comentarios:

mañico dijo...

boas!!
en primeiro lugar, o de mañico é coña, k son de milli!!jeje!

Rapaces, ánimo!!k xa sabedes k todo é cuestion de rachas, e cando gañedes 2 partidos seguidos seguro k as cousas empezan a saír ben!! Vos pelexade, correde e tede confianza, que seguro mellorarán os resultados!

Moita sorte!!!

Melide Fs dijo...

Boas crak¡¡¡

Gracias polos animos, eu tou contigo javi, parecerache mentira polos resultados, pero e que moitos partidos xogamolos ben agas 10 minutos, eso si ai caenos goles por un tubo, haber se pa semana (dificil polo rival) ou dentro de duas esperemos no pabillon de melide contra ribeira que esta en media taboa esto pode cambiar

Un saudo meu, cuidate e gracias

fan de sergi.. dijo...

vamos sergi eres o melllorr do melide f.s.jeje tedes k empezar a sacar resultados favorables e xa esta..vamos melide..animo

Anónimo dijo...

antisergi

Anónimo dijo...

ultrasergi

Fotos Semana Eypar 2010