domingo, 23 de diciembre de 2007

Tres puntos de osixeno

Importantisima victoria do Melide Fs na sua visita a Riveira que era un conxunto que nos aventaxaba en sete puntos e que de non haber conseguido a victoria ali, todo estaría moito mais dificil.
O encontro iniciouse con un Melide Fs que recordou o da tempada pasada coa sua intensidade defensiva e coas suas mortales saidas a contra, pero ademais nesta ocasión cando dispoñiamos do balón tamén se creaba perigo. Asi e tras varias ocasión o equipo forzou un saque de esquina, e ahi, nunha xogada de estratexia, Cristian conseguia poñer no marcador o 0-1 cando se estaba ainda no minuto cinco. Pouco mais tarde e despois dunha parede con Iván nun gol similar o da xornada pasada en Mera Nando conseguia o 0-2 dun extraodinario golpeo. De ahí ata o descanso moita intensidade defensiva, con moi boas axudas, e tamén cun bo traballo de Tapi permitiunos manter a porta a cero, ainda que perdonamos a sentencia do encontro en varias ocasións nos pes de Cristian, Iván, Rambito e unha moi clara de Roca que logo dun bo taconazo encontrouse coa madeira que evitou que se ampliara a vantaxe.
Na saida do segundo tempo o equipo seguiu moi metido pero o rival pouco a pouco encerrabanos e nunha destas xogadas estableceron o 1-2. Foi un momento importante xa que normalmente ese gol faría que nos viñesemos abaixo, pero non foi asi, e un minuto despois fixemos un dos goles en conxunto mellores do que levamos de tempada, xa que logo dun roubo de Nando, xogou de primeiras con Iván e este fixo o mesmo con Sergi que apareceu no segundo pao para poñer o 1-3. Tivemos ahí cinco minutos moi bos en xogo de ataque con ocasións clarisimas de Rambito, Iván, Sergi etz.., pero non foi ata o minuto dez cando denovo Sergi poñia o 1-4, e pouco despois Nando logo de outro moi bon roubo subia o 1-5. Todo parecia resolto pero quedando cinco minutos chegou o habitual momento de crisis, logo da tarxeta azul a Rambito e dunha pequena tangana, o equipo foise do encontro e en un minuto marcaronnos dous goles que puxeron o 3-5 que apostre seria definitivo e quedaban ainda tres minutos e medio, que a tempo parado e un mundo. Pese a ese momento, nesta ocasión o equipo soubo aguantar ben, e con boas intervencions de Tapi e recuperando un pouco a concentración conseguiuse manter o resultado.
En Riveira Baby xogou con Tapi (1) de porteiro, Nando (8) de peche, Sergi (13) e Chopi (5) nas alas e Iván (9) de pivote. Tamén xogaron Chopo (12), Rambito (2), Cristian (7) e Roca (14).
O xogador estrela nesta ocasión penso que se debe dar o traballo de grupo e a unión que se viu no encontro, que se conseguimos mantela seguiremos cara arriba.
Facer mención especial a tres persoas que viaxaron esta xornada, Conde que pese a que habitualmente non pode estar porque lle coinciden os encontros cos do Cire de Veteranos, Rober que esta lesionado pa bastante tempo e que se desprazou igual para dar animos e tamen a unha persoa como Charly Chofricas que ainda que xa non esta no Melide viaxou e estibo animando como un compoñente mais do equipo, xa que como di el, estar no Melide Fs, e como ser do Atletico de Madrid, hai que saber sufrir. "El Melide Futbol Sala es un sentimiento"
Dicirvos tamen que ainda que non esta confirmado parece ser que o encontro aplazado entre o Melide e Arzua podria disputarse o dia 5 de Xaneiro en Melide, pero de todos xeitos xa irei informando.
Un saudo a todos e BO NADAL.

5 comentarios:

javi mourazos dijo...

Papa noel acordouse de vos antes de tempo!!
noraboa pola victoria rapaces!! e a partir de aqui xa veredes como todo empeza a saír ben!
Moita sorte!!

Melide Fs dijo...

Buenas fenomeno, gracias pola felicitación e haber se hoxe pagas un viño que o outro dia vinte, pero apenas falamos.

Un saudo

Un ex dijo...

FELICIDADES COMPAÑEIROS¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

A SEGUIR ASI

roca dijo...

O do outro dia estivo ben, moi ben- salvo algun pequeno detalle de algunha xente que a la hora de ir para casita se fue en el cochecito, EN VEZ DE IR NO AUTOBUS COMO O RESTO facendo piña......
Que todo hai que decilo.... bueno pero vamolo deixar asi. Xa que no proximo como perdamos, xa me encargarei que esos mesmos en vez de ir en el cochecito VEÑAN A PE.

VAMOS SEGUIR DE ESTA, XA VEREDES

Melide Fs dijo...

Cando tes razón, tes razón e ai que darcha.

Eu fun un deses do cochecito pero ti sabes que foi por causa xustificada, de feito podes pedirlle a baby o xustificante firmado por quen me obligou a vir rápido jeeje. Ademais mereceu a pena e todo saiu fenomenal, asique se esta noite ai que pagar unha sanción pagase ok (Que non pase de 5€ que ta a vida moi cara)

Un saudo fenomeno

Fotos Semana Eypar 2010