jueves, 24 de enero de 2008

Derrota amarga

Resultado inxusto no encontro que nos enfrontou o Arzua este mercores, non pola derrota, xa que o noso rival foi superior e mereceu levar os tres puntos pero si polo 2-6 final. Ademais hai que facer mención a actuación dos colexiados no segundo tempo onde non pitaron duas claras saidas do porteiro fora da area, unha man o borde da mesma e un clarisimo penalti por mans.
Neste encontro repetiuse un pouco o guión do encontro de fai duas semanas contra miño no que o equipo saiu moi ben plantado en defensa pero co erro de cometer excesivas faltas, e asi restando oito minutos xa tiñamos as cinco acumuladas. Ainda asi foi un primeiro tempo bastante equilibrado no que o Arzua so chegou cando fixo o 0-1 no ecuador e gracias os dobres penaltis, non tivo mais ocasións, certo e tamén que o Melide Fs apenas inquietou a porta visitante, so en algún corner ensaiado e algunha acción individual de Cristian.
No segundo tempo ata o minuto sete todo seguia un guión similar, e dicir moito control e ocasións non moi claras para ningún equipo ata que nunha contra puxeron o 0-2, e pouco despois o 0-3. Hai e logo dun tempo solicitado por Baby rompeuse o encotro definitivamente xa que o Melide Fs comezou a presionar todo o campo e deu froitos logo cun disparo de Nando que subia o 1-3 o marcador. De todos xeitos foi un espellismo xa que o Arzua tiña o encontro mais ou menos controlado e a base de contragolpes gracias a nosa presión chegou a establecer o 1-6, que nos últimos segundo Chopi de cabeza logo dun corner maquillou o resultado e puxo o 2-6 definitivo.
Encontro pois do que hai que aprender e que quizais non era da nosa liga na loita por evitar o descenso xa que o Arzua e un equipo que ven de descender de primeira B e que esta pelexando por recuperar a categoria.
Baby saliu de inicio con Tapi (1) de porteiro, Nando (8) atras, Chopi (5) a un lado, Cristian (7) por outro e Iván (10) arriba. Tamén xogaron Sergi (9), Humberto (13) e Portos (15).
O xogador mais destacado foi claramente Nando que foi de lonxe o que mais gañas lle puxo con moita sangue, rabia e que ademais foi o autor dun dos goles. Por se estes fosen poucos meritos rematou de porteiro os dous últimos minutos por expusión de Tapi e incluso detivo un dobre penalti. (Tapi, Angel e Chopo poñedevos as pilas se queredes seguir xogando jejejeej)
Con este encontro remata a primeira volta da liga e o Melide Fs remata fora de postos de descenso con 12 puntos algo que poucos pensaban fai un par de semanas.
Tamén quero agradecer en nome de todo o equipo o gran numero de persoas que onte se acercaron ata o pavillón da martagona a animar o equipo. GRACIAS A TODOS.
O proximo encontro disputarase este sabado entre Restaurante O Picato - Jim Sports Melide F.s nun encontro importantisimo, xa que e o equipo que nos precede na clasificación con so dous puntos de vantaxe, polo que cunha vitoria conseguiriamos adiantalos.
Un saudo.

8 comentarios:

Melide Fs dijo...

Boas Chopo¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Sinto dicirche como xa viches que non puido ser pero inda asi penso que se deu a cara. Por certo non sei se o viches pero Nando vaivos quitar o posto os porteiros jejeje.

Veña meu un saudo e sorte cos exames.

Quintás dijo...

Moi boas. Foi unha pena a derrota de onte, ainda que como ben dis foi merecida, eu penso que o esultado foi máis abultado do que debería ser. A actuación dos colexiados mellor deixala a parte, porque o que estivo na segunda parte do lado das gradas, bufff, que desesperación, por encima tiña unha chuleria ...
Sorte para os próximos partidos e esperemos que se remonte a situación actual na clasificacion.Moitos animos.
Forza Melide FS e Forza Cire

Anónimo dijo...

Xa vexo si.É unha pena que non se dera conseguido un bo resultado frente ao Arzúa,pero é un bo equipo.Penso que a nosa loita non está co Arzúa senon cos equipos que están máis preto dos últimos postos.Pero bueno,aora a centrarse no partido que ben contra o Picato,e gañarlle.Ánimo a todos. Forza M.F.S.

Javi dijo...

boas rapaces!
a seguir pelexando, é o que toca!!
só teño 1 dúbida... chopi celebrou o gol?jajaj!!

veña, 1 abrazo pa todos!!

Anónimo dijo...

wenas, ante todo un saludo y un abrazo para toda la plantilla del Melide f.s., vamos cada vez a mas, creo que despues de lo visto ante o picato y la primera parte de arzua cada vez confio mas en que este año nos vamos a salvar, para mi lo unico que debemos solventar es el terminar de matar los partidos, venga chavales con rabia y a por todas a demostrar que equipos peores en la categoria unos cuantos, que estoy deseando que podamos cerrar unas cuantas bocas, ¡Forza Melide!, ah posdata, Ivanciño cuidate de esos mareos, vcenga un abrazo a todos , nos vemos mañana en el pabellon de guntin para machacarlos.

Melide Fs dijo...

Hola a todos¡¡¡¡¡ Imos por partes

Primeiro gracias a quintas polo comentario e por acercarte ata o partido e tamén darvos animos a vos para recuperar o nivel e a sorte de ai unhas xornadas.

A javier ainda que non sei fixo quen e, imaxino que será o mañico pero non sei, dicirlle que chopi a celebración deixa para o partido de volta de dentro de tres semanas que ai prometeu bicar o escudo jejej.

E para o de lugo, en primeiro lugar gracias polo interes persoal pero pouco a pouco imos mellorando, e estou contigo que estamos a mellor nivel que o inicio da tempada e que esto seguro que sale adiante.

Un saudo a todos.

Anónimo dijo...

Teño que decir que Chopi non celebrou o gol......pero porque no remate de cabeza perdeu unha lentilla,e isto non e a primeira vez que pasa.
Dende a directiva vamos a poñerlle remedio a iso... xa mercamos uns tornillos e unhas puntas.
Por outra banda deixar caer a miña idea de facer unha clasificacion os xogadores mais queimados... o meu voto seria para o noso xogador franquicia "San Cosme".Polas gradas escoitabase:
-De pequeno era moi bo.
De pequeno eu tamen era moi guapo e moi limpo.
Sorte hoxe a todos que sodes uns fenomenos.

Melide Fs dijo...

Señor directivo, vostede agachese detras dun anonimo porque non ten o que ten que ter pa decirllo a san cosme a cara, porque senon fala con the fucker e mallate vivo, e ti sabelo jejeje, ese sancosme ten moitas amistades jejeje.

Por certo xa puxen a cronica do partido e GANAMOS pero non marquei

ufff, tou empezando a coller complejo de salinas (julio non patxi, porque quen fora patxi, pero bueno eso e outro tema) joder doulle mellor o microfono que o futbol ejejejej

Un saudo

Fotos Semana Eypar 2010