sábado, 26 de enero de 2008

Triunfo de "6 puntos"

Como ben dixo Rober o rematar o encontro "este era un partido de 6 puntos" e tiña toda a razón porque son os tres que suma o Melide Fs e tres que deixa de sumar o Picato que e un rival directo o que nunha semana pasamos de estar a cinco puntos por debaixo a estar un por encima.
Xa na crónica do partido dicir que como ben sendo habitual ultimamente o inicio dos encontros esta a ser moi serio pola nosa parte e tiñamos un dominio moi claro e con moitas ocasións ata que no minuto seis Portos coa axuda do porteiro establecia o 0-1. A partir de hay o Picato empezou a presionar con mais forza e eso traduciuse en que logo de dous erros remontaran o encontro e se nos puxeran con 2-1, resultado que Roca de cabeza conseguiu equilibrar co 2-2 minutos despois. Nesta ocasión foi o noso rival o que logo se puxo coas cinco faltas, algo que non soubemos aproveitar, senón todo o contrario xa que nunha contra conseguiron marcar o 3-2 que antes do descanso nos foi imposible remontar, ainda que non fora por falta de ocasións xa que tanto Iván como Nando tiveron o empate, e sobretodo Cristian que faltando cinco segundos estrelou un balón no longueiro.
Na saida da segunda parte o Melide volveu a meterse no partido e logo cun centro "a lo beckham" de Portos Nando subiu o 3-3 o marcador. Pero denovo o igual que pasara no primeiro tempo un erro e a falta de intensidade impediu que mantiveramos o resultado e eles conseguiron o 4-3. Pero nese momento surxiu a rabia do equipo e logo dunha xogada de estratexia de corner Nando establecia de novo a igualada 4-4 e por se con eso fora pouco apareceu un "veterano de guerra" que se destapou como goleador, Roberto Maravillas que en dous minutos marcou dous goles consecutivos que puxeron o 4-6. Nese intre ainda quedaban uns dez minutos e o Picato comezou a encerrarnos, pero unha defensa con intensidade e tamén un moi bo Chopo que tivo unha gran actuación conseguiron manter o marcador, pero ata o último minuto por medio de Cristian non se conseguiu o 4-7 definitivo, e non foi tampouco por falta de ocasións.
En resumo, triunfo moi importante o que o Melide Fs conseguiu o sabado en Guntin que nos acerca un pouco mais a metade da taboa e nos alonxa un pouco mais do temido descenso. Pese a eso debemos ser autocriticos e pensar que seguimos a cometer erros tontos e que perdoamos moito cara a porta, pero que se somos un EQUIPO podemos conseguir mais que o que ata agora estivemos a facer esta tempada.
Fronte o Picato Baby sacou de inicio a Chopo (12) de porteiro, Nando (8) de peche, Portos (15) e Chopi (5) nas alas e Sergi (9) de pivote. Tamen xogaron Tapi (1), Rober (6) Cristian (7) Ivan (10) Humberto (13) e Roca (14).
O titulo de mellor xogador poderiamos darllo o equipo, a un bo Nando, o partidazo de Chopo no seu debut como titular ou a outros compañeiros, pero non podo, porque unha institución do clube hoxe saiuse de cara a porta e fixo os dous goles decisivos, por eso o xogador mais determinante esta semana sera para Rober.
A proxima semana. O sabado as 17:00h no pavillón da martagona Jim Sports Melide Fs - Priorato Javasan. Este rival e o actual segundo clasificado e e o equipo que ascendeu como primeiro o ano pasado de provincial, polo que sera un encontro moi dificil, pero o que podemos facer fronte.
ANIMO A TODOS E A SEGUIR NESTA LIÑA

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Noraboa a todos, e sobretodo a Rober, dous goles nun partido increible.

BRIGADAS AZUIS dijo...

Dende as Brigadas Azuis felicitámosvos polos tres puntos conseguidos nesta xornada e querémosvos dar moitos ánimos para que sigades levantando o deporte do fútbol sala na nosa vila.Co novo pavillón municipal será máis fácil que a xente vos poida acompañar.Sen máis un saúdo(Xa estades linkados)


FORZA CIRE!!!!
FORZA MELIDE F.S.!!!!

miky vace dijo...

Noraboa polos 6(3)puntos e pola nosa parte desexamosvos que sigades asi e se podemos estar ai para ver algun partido ca outro pois estaremos.Sobre todo no derbi do mercores.Queriamosvos facer unha pequena proposta.Na encuesta que tedes na marxe do blog fixamonos que non tedes ao nosao amigo sergi para poder votalo.E polo que se ve non o esta a facer mal.

Weno isto e todo un saudo dende dias de troula.

Fotos Semana Eypar 2010