sábado, 19 de enero de 2008

Triunfo na volta o fogar

Este era o primeiro partido que disputaba o Melide Fs como local na pista de Melide en un ano e un mes debido os problemas sufridos na anterior superficie, e ademais fixoo levandose os tres puntos fronte O Picato. Dato anecdotico pos supersticiosos (non e o meu caso) este e o primeiro encontro que se gaña xogando de azul.
O inicio deste reencontro con Melide foi moi bo con moitas chegadas e un xogo bastante fluido, pero con un erro, xa que no minuto seis, xa cometemos a quinta falta. De ahi, de un dobre penalti restando dez minutos chegou o 0-1 do Picato, que na seguinte xogada e logo dunha perda de balón poñia o 0-2. A cousa pintaba mal pero Baby pediu un tempo morto e reestructurou o equipo que se volveu a asentar, e asi en cinco minutos espectaculares Cristian facia un hat-trick que establecia o 3-2 co que chegamos o descanso, os dous primeiros logo de sendas xogadas con Iván e o terceiro nunha xogada de corner sacada de xeito rapido por Portos.
O igual que a semana pasada o inicio da segunda parte foi desastroso, e en apenas cinco minutos o Picato remontounos outra vez o encotro e puxose con 3-4 o seu favor. Pero o guión repetiuse e volvemos a ter cinco bos minutos que esta vez foi Nando quen os culminou con dous goles consecutivos, o primeiro logo dunha falta directa e o segundo logo dunha parede con Portos que subian o marcador o definitivo 5-4. Este marcador xa estaba no electronico restando ainda dez minutos, e co noso rival con cinco faltas, pero non o soubemos aproveitar e acabamos sufrindo bastante
A destacar tamén no encontro foi o debut da ultima incorporación, Humberto, que no tempo que estivo na pista deu mostras de que pode aportar moito o equipo.
Este era un encontro aplazado, polo que o vindeiro sabado volveremos a enfrontarnos esta vez como visitantes.
Baby sacou de inicio a Tapi (1) de porteiro, Nando (8) de peche, Portos (15) e Iván (10) nas alas, e Sergi (9) de pivote. Tamén xogaron Chopo (12), Chofri (4), Chopi (5), Rober (6), Cristian (7) e Humberto (13).
O apartado de xogador mais destacado, esta semana vamos a poñerlle o nome de mais desequilibrante, e daremosllo os dous goleadores, Cristian e Nando.
O proximo encontro que xoga o Melide Fs, volve a ser no pabillon da martagona de Melide o Mercores 23 as 22:00h JIM SPORTS MELIDE F.S - CONCELLO DE ARZUA F.S.
Para rematar, dar as gracias a toda a xente que veu a animar o equipo e animala a ela e a todos os que poidan a que veñan o mercores para animar o MELIDE F.S
Un saudo e GRACIAS

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Que tal esta a pista¿?

Anónimo dijo...

si, si, si......somos de milli!!!!!!!!

Melide Fs dijo...

Boas, a pista a verdade e que moi ben, e un pouco mais lenta que a antiga pero esta ben, a verdade e que non foi sen tempo, so ten algun problema con temas de condensación que se resbala.

Un saudo e claro que somos de Milli, jjeje

Anónimo dijo...

vamos compañeiros que este mercores temos que dalo todo para gañar.
sei que e dificil pero creo que temos a calidade suficiente para facelo

animo a todos e vamos ser un equipo este mercores

arriva melidefs

Melide Fs dijo...

Ese tapy oe¡¡¡¡¡¡¡¡

Estou contigo pero temos que ser conscientes de que e un partido dificil e que non podemos ter os 5 ou 10 minutos tontos de todo-los partidos porque senon sera imposible.

Un saudo campeon e cuidate.

Quintás dijo...

Moi boas, felicidades por esa victoria. Seguro que non será a uúltima. O mercores hai adestramentos das categorias inferiores do Cire, e o rematar animarei a todos os rapaces a que se acheguen para animar o Melide FS, eu non vou a faltar.Sorte.
Forza Melide FS, e forza Cire.

Anónimo dijo...

Ánimo rapaces!!weno,agora mesmo estaredes no partido contra Arzúa...e eu aki en santiago ca merda dos exames.Sinto non poder estar ahi con vós,e espero que as próximas noticias que reciba sexa que lle gañamos aos nosos veciños!e sinto por chopi e chofri,jeje.pois eso,un saudiño a todos e a seguir así.

Fotos Semana Eypar 2010