lunes, 5 de mayo de 2008

Segue a racha

Grandiosa a xeira de resultados que esta a colleitar o Melide Fs nas últimas xornadas nas que leva conseguido sete dos nove puntos en xogo. A nota negativa foi que dous dos nosos principais rivais como son Narón e Ordes tamen lograron a vitoria polo que non lles recortamos distancias, Pese a elo o Melide Fs sae dos que segun a Federación son os postos de ascenso que serian os dous últimos, pero esto ainda esta por confirmar. De todos os xeitos se se segue esta liña seguro que se sae definitivamente de ese lugar.
Este sabado chegou a Melide o Mera que viña xogandose as ultimas opcions de ascenso, e ademais o Melide tiña o condicionante das baixas de Tapi, Nando, Cristian, Rober, Rafa e Roca, pero ainda asi soubo sobreporse. Na primeira metade e cunha gran intensidade o equipo deu a cara e fixo un bo xogo, gracias o cal logrou irse o descanso con 3-0, con goles de Humberto de cabeza, de Chopi de xogada de estratexia e de Baby (que se vestiu neste encontro debido as baixa) de dobre penalti.
Pese a este bo xogo o inicio da segunda parte volveu a ser dificil, e o Mera logrou o empate a tres con boas combinacións, pero ai surxiu a loita e o espiritu de equipo, e por que non dicilo, tamén Superman Angelito, que fixo grandes intervencions, e por se fora pouco logo dun rexeite Baby lograba o doblete logo dun rexeite a un disparo de Portos.
O equipo inicial neste caso de Sergio foi Angel (12) na porteria, Humberto (13) de peche, Portos (15) e Iván (10) nas alas e Sergi (9) arriba. Tamen xogaron Chopo (16), Baby (3) e Chopi (5).
Hai que seguir loitando para lograr a ansiada permanencia. Para a semana visita Melide o Autoescuelo Riveira F.s que nos leva seis puntos. O partido sera nunha hora extraña, as nove da noite debido a que antes esta o pavillon ocupado.
P.D: Norabo o CIRE MELIDE que este domingo conseguiu o ascenso a segunda rexional goleando 6-0 o Visantoña.
Un saudo.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Vamos chavales¡¡¡¡¡¡¡
A seguir asi, que seguro que o logrades. MOITA SORTE.

O 15 dijo...

Como que o sábado as 9?como te enteras ti de todo antes ca ninguén?Ti metes man ai ti metes man, porque senon eu non o entendo sempre cas tuas preferencias.Arre ostia nin que foras o Falcao do Melide.JAJAJAJAJA.En serio e de fiar o da hora porque unha persoa coma min ten unha axenda.Xa me entendes non??sssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssss

roca dijo...

NON SABEDES a alegria que me destes este fin de semana con resultado que colleitastes.... animo que podemos.
Eso de que baby metera 2 goles estara mal ou? quen era o porteiro?? Angelito superstar....jajajaaja
O dito, A MANTERSE

Anónimo dijo...

Moi ben!!Gran resultado!!a verdade e q n era d esperar xa que habia moi pouca xente...demasiadas baixas.Pero esta victoria e mostra de que se pode salvar ao equipo!!ánimo!!e noraboa ao cire!!

Fotos Semana Eypar 2010