domingo, 11 de mayo de 2008

Todo a unha carta

Como case todo nesta vida, a situación que esta a vivir o Melide Fs podeselle ver o lado positivo e o lado negativo. O positivo e a gran xeira de puntos que se estan a conseguir, xa que dos ultimos doce, obtivemos dez, e os tres ultimos encontros con victoria, a última este sabado xa que o Autoescuela Riveira non se presentou. Se alguen nos di fai cinco semanas que iamos estar nesta situación e conn estes puntos seguro que todos firmariamos, pero ai chega a parte Snegativa, e esa ven polos resultados que estan a colleitar os nosos rivais, sobre todo Ordes e Narón que tamén levan unha gran xeira que lles permite xa estar salvados matematicamente.
Según nos dixeron na federación, o mais problable e que so descendan dous equipos, co cal o Melide Fs xa manteria a categoria, pero según outras información baixarian mais, o que nos obliga a gañar o último encontro da tempada fronte o Alameda Xario de Miño, que na ida nos gañaron 6-2. Se se logra, que agardemos que asi sexa esa victoria o Melide Fs permaneceria seguro xa que por debaixo quedarian Monterroso, Quiroga e Riveira fixo e Picato probablemente, e xa seria o colmo que baixasen mais de catro equipos.
Asique o Sabado 17, agardamos o apoio de todos os que poidades no pavillon de Melide. A hora ainda esta por confirmar, pero case seguro que seria as 20h ou 21h, pero o longo da semana xa o colocarei no luminoso do lado.
Un saudo a todos, e a loitar que esta mais preto que nunca.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Sorte chavales¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Anónimo dijo...

Haber ivanciño, como e que ainda non ai hora po partido. Se normalmente van poucos, asi ainda iran menos.
Haber se te enteras antes de sabado as cinco ou seis da tarde jeje.

A cuidarse e SUERTE

chopo dijo...

Ánimo rapaces!!estes ultimos partidos foron todo corazon,e por iso se acadaron estes resultados..menos este ultimo claro,pero seguro q se gañaba,jaja.a gañar o sabado e a quedar en autonomica!

Melide Fs dijo...

Boas¡¡¡¡¡¡

Chopo, esta claro que o outro dia ouberamos gañado, e o sabado espero que tamen se faga e asi, salvo algunha cousa extraña poidamos permanecer.

O anonimo dicirlle que o horario do encontro e as oito da tarde, e agardemos que nos veñades apoiar.

Un saudo a todos

Fotos Semana Eypar 2010