domingo, 11 de octubre de 2009

Moita diferencia

Nova derrota do Jim Sports Melide Fs esta vez na casa do lider da clasificación o Ventorrillo Caixanova por 11-3, nun encontro no que quedaron claramente plasmadas as diferencias que nos sacan na clasificación.
Moi dificil facer unha cronica do encontro xa que o dominio foi total e absoluto dos locais agas os tres primeiros minutos nos que o Melide tivo duas ocasións bastante claras con empate a cero ainda no marcador. Nese intre a lesión de Diego (Agardemos que sexa pouco e te recuperes pronto fenomeno) e un gol en contra fixeron que nos derumbasemos como nos esta pasando ultimamente pero nesta ocasión sen opción de reaccionar. Xa o descanso o marcador era de 6-1.
Os goles melidenses foron de Xurxo, Piston e Borja Casal. Gustariame destacar a actuación de Piston e sobre todo de Cordi que o meu parecer e sempre visto dende a grada que e moi diferente o campo foi o mellor, en xogo, en intensidade e en case todos os aspectos do xogo. E iso precisamente, a intensidade foi o que mais me preocupou do encontro, xa que non a tivemos en ningun momento, nin a actitude suficiente para rematar cun marcador mais apretado, pero de todo se ten que aprender e agardemos que non volva a ocorrer e pouco a pouco tentar mellorar
Como digo debemos olvidarnos da imaxe dada neste encontro o antes posible xa que eu penso que o Ventorrillo e o equipo que mellor xoga da liga, que ten dous dos mellores homes a nivel individual e que por loxica van a ir sobrados para estar entre os dous ou tres primeiros. Agora toca pensar na semana proxima no que teremos un partido durisimo fronte o Concello de Arzua que esta nunha boa xeira e que gañou os dous ultimos partidos o último fronte o Burela de goleada
Non quero rematar esta entrada sen agradecer a xente de Melide que se desplazou ata a Coruña ver o encontro que foi un numero bastante elevado. Tamen destacar a gran afluencia de xente do Ventorrillo, poucos pavillons con tanta xente ai na liga.
Recordovos o Sabado, as 19:00h en Melide, Jim Sports Melide Fs - Concello de Arzua.
Un saúdo e esperemos que se rompa a xeira.
--------------------------------------------------------------
Resultados Xornada 4
FS Cedeira - Hotel Torques Mera (5-4)
Ventorrillo Caixanova - Jim Sports Melide fs (11-3)
Concello Arzua - Burela Turística (8-3)
CFS Castro - Club Ribeira fs (3-11)
S.I Outeiro de Rei - FS Alameda Xarío (7-4)
Jogafan Ordes FS - Boqueixón fs (1-3)
Troula FS - Peugeot Vilalba fs (4-2)
Loterias Mexillon de Ouro - C.P. Casás (aplazado)
-------------------------------------------------------------- Encontros Xornada 5 (17/10/09)
FS Cedeira - Ventorrillo Caixanova (12:00 h _ 18/10/09)
Jim Sports Melide FS - Concello de Arzúa (19:00 h)
Burela Turistica - C.F.S Castro
Club Ribeira FS - S.I Outeiro de Rei (19:45 h)
FS Alameda Xario - Jogafan Ordes FS
Boqueixon FS - Troula FS
Peugeot Vilalba FS - Loterias Mexillon de Ouro (18:30 h)
Hotel Torques Mera - CP Casas

36 comentarios:

Anónimo dijo...

O Arzúa goleou ó Burela

Javi dijo...

Os resultados xa están na páxina web, só falta o castro 3-ribeira 11. O mexillón-casás foi suspendido e non sei cando se xoga.

A miña humilde opinión sen máis non creo q fallan falta nomes dijo...

É duro admitilo pero 4 partidos e 4 derrotas, pero eso non é o peor, o peor é q o melide está a xogar ben e por eso vexo q o equipo o mellor non é de todo competitivo para autonómica.
Máis da metade do equipo eran xuvenis o ano pasado e algun ainda o é esta categoría na q estamos é demasiado fuerte para un equipo q fixo un cambio radical de xogadores e de esquemas.
O equipo xoga ven a verdade pero non defende non é q defenda mal senon q non defende.Non estan os xogadores adaptados os esquemas do mister e costalles moito facer cambios en defensa e non se comunican co porteiro de todo ben.
Pero bueno sego tendo confianza no equìpo porque sei co entrenador sabe moito de futbolsala pero creo q o equipo q adestra non está do todo preparado para o seu estilo de velo mesmo.
Desexaría q non tomedes a mal o meu comentario porq de veras sei q poñedes moito empeño pero as cousas gustame decilas tal como as vexo.

aficionado dijo...

Gustaríame facer unha reflexión, ou máis ben unha crítica,sempre dende o respeto e con moita humildade.
Os señores que neste momento discuten, e sobre todo teñen moitas dúbidas, de que isto funcione.......son aqueles que o ano pasado dicían que habia que fusionar os 2 equipos? ,e que os xuvenís tiñan que ser o equipo filial?,xa sei que os resultados non acompañaron ata o momento....pero señores...a impresión que dá, e que uns cantos aceptan moi mal(ou non o aceptan), que os máis novos teñan a ter máis minutos.
Tamén penso que nos entrenos, son onde hai que falar as cousas..., e tamén que algún deses "veteranos", exerza como tal, e tire un pouco polo equipo...que salvo algún, moito ruido pero...
E se sabemos tanto de fútbol sala,pregúntome eu cómo en Melide, non hai máis xente co título de entrenador.
Un saúdo e moita sorte.
Un seguidor.

Ivanhimovic dijo...

Primeiro dicirlle a anonimo que xa rectifiquei o do Arzua que fora un erro meu.

Co respecto o resto penso que non podemos sacar isto de nai, e dicir que tampouco pasa nada por esta xeira, xa que sacando este último encontro puidemos ter outros resultados, e a actitude sempre foi boa.

O terceiro comentario digolle o de sempre, que por suposto non nos parece mal, e a súa opinion e e moi respetada e sempre pode axudar, outra cousa e que se poida ou non compartir, e claro que non e obligatorio por nome, eu pido que se poña para saber quen fala, pero todos poden dar a sua opinión.

A aficionado dicirlle que as dubidas, poden surxir, pero non dubides que nos seguimos intentando que non sexa asi, e penso que non e cuestión de "veteranos" ou "xuvenís", e cuestión do Melide Futbol Sala que para iso somos un Equipo as duras e as maduras e que os "veteranos" entre os que me incluo si que estamos tentando tirar a morte do equipo e currando o que se pode, pero cando as cousas non saen, non saen e solo queda adestrar para mellorar.

Un saúdo a todos e como dixen antes, con respeto non parece mal ningunha opinión senon todo o contrario sempre poden axudar

Tonecho dijo...

Hola a todos, coma sempre, vou sair a dar a miña opinion e respostar a todos.
Primeiro decir que e un luxo que a xente entre a opinar como o esta a facer estes dias, dando opinions contrarias a algunhas das miñas pero sempre con respeto. Deste xeito e un luxo, e antes de nada agradecerlles que entren a opinar.
E moi dificil decir nada sobre o partido de esta semana. O Ventorrillo esta a outro nivel en calidad tecnica, tactica e estratexica. E un gran equipo que se lle queda pequena a categoria e o cal o unico que podemos e felicitalos e desexarlles o mellor para 1ª B. So espero, xa que o descoñezo, que teñan un proxecto deportivo na directiva tan bo como no deportivo, vai sentarlle moi ben un equipo asi o futbol sala galego.
En resposta a "A miña humilde..." decir, que e certo que moitos son xuvenis (igual que o Mera B) e que non defendemos, pero podovos asegurar que estamos a traballar a morte nos adestramentos para superar estes problemas, pero estanos costando moitisimo. Estou seguro que todo chegara so fai falla cabeza, traballo e paciencia. Xa dixen dende o principio que a meta deste ano era taballar para aprender, o resto xa se fara outros anos.
A afeccionado, darche as gracias por defender a filosofia do clube pero teño que pedirvos que non entremos en guerras internas que non son boas. E importante dar a cara polo equipo, polo cal agradezocho pero todo o que dis comentamolo nos adestramentos. Alguns veteranos empezan a entrar no sistema (Ivan, Nacho, Cordido) e nos ultimos dias Christian. Outros como Manito e Humberto pelexan a morte para entrar pero estalles a costar, son moitos anos xogando en individual, pero pelexan para conseguilo, o mesmo que Diego (por certo, recuperate pronto).
Todas as carencias que estamos tendo son erros persoais (de TODOS) en momentos importantes, que seguro que pouco a pouco iranse correxindo.
Sobre as dudas de sistema, de xogadores, de adestrador, etc, eu non teño ningunha.
Sei que temos moi bos xogadores, e sei que o sistema funciona, so fai falla tempo e traballo. Xa os xuvenis empezaron asi o primeiro ano en liga autonomica e na segunda volta fixerono de cine, todo e cuestion de tempo e traballo.
Teño un pero, e penso que e o momento de decilo en publico, non estamos a comportarnos como un equipo, estamos sendo un grupo de xogadores que xogan xuntos. Temos detalles no campo e cos compañeiros que temos que erradicar XA de dentro, e todos, novos e veteranos temos que cortar xa, e non permitirllo a ningun xogador nunca mais.
Ante todo compañeiros e clube o resto xa chegara.
Cambiando de tema, sobre o de ser referencia do futbol sala galego, un dato, nas escolas deportivas de futbol sala que vai coordinar o Melide Futbol Sala, en categoria Pre-benxamin xa ten 40 inscritos e de aqui hacia arriba, so e cuestion de tempo.
Felicidades o Arzua polo resultado, temos moi bo trato co Burela pero Arzua son veciños.
Un saudo a todos e vemonos no foro pola semana.

Portos dijo...

Boas Melide FS.
Despois de moitos meses volvo o foro para darvos ánimos e desexarvos o mellor para o que queda de temporarada q é toda.
Pasade dos comentarios da peña e centradevos en vós e en facerlle caso a Tonecho(persoalmente non me adestrou nin o coñezo pero teño boas referencias del).
Quero saludar tamén dende aqui o crack Ivan a Mani e Piñeiro fillo de puta(Humberpito) sodes uns fenómenos e vemonos este sabado na pista.
Volvo aque foi a miña casa nestes ultimos dous anos no que persoalmente non me adeptei moi ben o estilo do de xogo do clube pero no que xoguei con grandes compañeiros.
Saudos tamén para beyby e para toda a xente q estaba ahi sempre sergio,blo,ricitos e por ahi.
Este sábado regreso, espero que non levantedes o vuelo contra nós pero si de veras q a partir de ahi collades o ritmo necesario e empecedes a gañar todos os partidos posibles.
Un saúdo para todos e o sábado vémonos no pabellón.
Nota:carallo VAn Bomel si que vai guay o foro non?eres un puto as.

Anónimo dijo...

Bueno, xa empezo pidindo compresión e vou falar dende o respeto absoluto, que nadie se deña por aludido.
Penso que 4 derrotas xogando tres partidos na casa... ai q deixarse de excusas, sero o sistema sera o que seña, a liga xa esta empezada e a cousa ten moi mala pinta.
Dende a miña opinión que é desde fora vexo un desacople total entre xogadores, señores autonómica ten un ritmo que engaña, non ai tempo para exusas nin carallos.
O tema dos xuvenis e seniors cansa moito!!! Actualmente solo vexo a dous dos chamados xuvenis con nivel de autonómica, ollo!!non digo que non teñan nivel técnico, pero faltan moitas horas nesta competición, sei q dentro de dous anos serán uns fenoménos pero este ano teñen moito q aprender.
Entrenador, creo q debes de analizar o q ocurre xa e tes q facer cambios, esta CLARISIMO!!
Sei q t daras conta, tes moi bos xogadores aproveitaos, pero XA!!!
Sintoo daros caña,pero jódeme como se perde e solo se lee comentarios de bueno...xogamos ben...xuvenis...seniors...Q OSTIAS , epabilade XA!!En autonómica na casa ai q ganar si ou si, e o q busque excusas da derrota, para o ano non esta aquí!!

Despois de ser críticos, daros a meu apollo!! e sote

Ivanhimovic (Vam Bommel) dijo...

Enorme Portos!!!!!!!!!

Gracias por volver a andar polo blog, que a verdade e que últimamente si que anda bastante animado, bueno meu, eu tamen che desexo o mellor pero sabado temos que gañar senon empezaremos a complicarnos a existencia, por certo eu na miña liña estou lesionado asique non nos podemos enfrontar, pero para a volta preparate,vas ver o que é a miña velocidade jeje

Un saúdo fenomeno e vemonos o sabado

Manito dijo...

Hola a todos!!

Vou comezar mandándolle unha aperta a Portigol, botaseche de menos por Melide, crack.

Con respecto o partido do sábado, bueno, eu non puiden ir por ter un compromiso laboral pero parece que, se ben nos outros encontros tivemos opcións, neste mollaronnos a orella ben mollada. Supoño que o Ventorrillo ten un nivel superior a autonómica, a proba é que só o Boqueixón lle segue o ritmo, por algo será. Noraboa.
Con respecto os comentarios dicirlle ó anónimo que fai ben en criticar, para eso estamos nós e para eso está este blog, non só para pasarnos a man polo lombo e, dende logo, sempre que se faga con educación non ten por que ser ofensivo se esté de acordo ou non. Non sei se terás razón ou non, se che digo a verdade xa non sei onde está o erro, eu vexo á xente motivadísima, dende o último do vestiario á directiva (presidente dimisión!! jaja) estase a entrenar duro, podo dar fé e o persoal ten ilusión, en cambio... Como ben dis non se deben poñer excusas de mal pagador só intentar explicar as causas. Agora mesmo estamos necesitados dun bon resultado como de comer pola simple razón de que a xente se solte que penso que é o maior problema que temos neste momento. Estamos xogando como agarrotados con máis medo a fallar que ganas de atinar e así a perna encóllese e os balóns escapan, nas loitas pérdese e ese tiro que debía ser gol vaise fóra. Non creo que sexa cuestións de novos e veteranos, máis que nada somos só UN equipo pero sí que boto en falta un pouco máis de ambición por parte de algún dos rapaces, supoño que aquí tamén influirá a capacidade de involucralos que teñamos os máis vellos.
Non son un experto en psicoloxía deportiva pero en todos estes anos se algo aprendín é que o futbol, como case que tódolos deportes é un estado de ánimo, no que tácticas, estratexias, sistemas e demáis están supeditados á ansia dos xogadores. Esto váleme para pedirlle os meus compañeiros que non baixen os brazos, queda moito por xogar, hai que esquecer a ansiedade por ganar e centrarse no seguinte partido, e cando pase no seguinte máis, e así de aquí o final. Sabemos que podemos remontar e ímolo facer.
Un saúdo a todos.

P.D. Gustaríame mandarlle unha aperta forte a Diegol. Espero que fora pouco meu, recupérate pronto.
Chau.

14-Guti Selección dijo...

Olaaa!!!

Bueno, non teño moito tempo por eso antes de nada...Piñeiro fillo de putaaaaa!!! Jaja que grande eres Portus!!! A ver se consigo librar este sábado para poder reencontranos! Unha paerta crack!!!

Con respecto o equipo...personalmente creo que algo que nos esta matando é o tema de que si juveniles e que si veteranos!!! A ver, teño 26 anos, e o máis maior(sintoo Mani jeje) ten 29!!! non sei, pa min veterano é Palermo, non?¿? Pero bueno, o caso é que se queremos ser un equipo debemos empezar a deixarnos de chamarnos veteranos e xuveniles!!! Eu os de Mera non lles chamei a ningún xuvenil nin veterano!!! Haberaos que señan mais maiores, mais pequenos, maís guapos e mais feos, pero o que hai qeu empezr a facer xa e falar de xogadores e equipo!!! Somos os que somos e punto!!! Me da igual que teña 16 ou 30 anos!! Son os meus compañeiors e punto!!! Creo que eso é o principal para poder empezar a comportarnos como un equipo!!!

Polo demais...pois non sei, creo que iso é principal escollo deste equipo!!! Faise raro estar sempre co tema de juveniles y veteranos!!! E porque non dicilo, un pouco cansino!!! Quizá esto debería dicilo no entreno pero bueno, por cuestións laborais non me stou podendo prodigar moito dentro do equipo nese aspecto!!!

Polo demáis, ánimo Diego, Bareto debesme unha copa(xa sabes por que jeje), Pistoner grande e Cordi...que dicir, creo que é o que mellor xoga o futbols sala, o que mellor pisa a bola, un crack!!!

Un saludo a todos e vémonos esta tarde!!!


P.D.: Piñeiro fillo de puuutaaaaaaaa!!! Jaja!!!

Un saludo!!!

Anónimo dijo...

ánimo,que inda queda toda a tempada por diante

Anónimo dijo...

AHORA SI QUE SI, TONECHO DIMISION!!!!!!!!!

Tonecho dijo...

Xa vou, tranquilo, xa vou, non sufras.

Vilalba F.S. dijo...

O Peugeot Vilalba F.S. recibe ao Loterías Mexillón de Ouro, as 18:30 no Pavillón Municipal de Vilalba.

Tonecho dijo...

Aqui estou outra vez para contestar a todo.
Gracias Portos por entrar, da gusto atopar boa xente que recorda os compañeiros de outros anos.
Sorte para toda a liga menos para este sabado e a volta contra nos, que vos temos que dar po pelo se non queremos caernos de todo.
Sigue visitandonos.
O Anonimo seguinte, a pesar de opinar distinto que el, e de agradecer que entre a xente para dar a sua opinion e que anime a todos a pelexar e dalo todo. So pedirche que poñas o nome que non pasa nada. Graciñas e sigue participando.
Sobre o meu amigo da Dimision, tranquilo xa a presentei pero a directiva que ten moi mala leche quere fastidiarte e non me fixo caso.
Graciñas a todos os que entrades e seguide participando.
En canto poda peñerei o resultado da quiniela desta semana. Pero xa anticipo que todos puxeron gañador o Burela contra o Arzua e todos se equivocaron.
Un saudo.

Tonecho dijo...

Resultados da Quiniela:
Esta semana non contamos o partido aprazado.
Ruben e Capinta Brunete destacados con 1 acerto.
Vilalba e Marineda 2 acertos.
Prosy 3 acertos.
Ivan 4 acertos.
Gañadores esta semana con 5 acertos os dous, Anonimo (pon un nome, pesaooooo) e Dantelu.
Xa esta amañado o das copas, se algun quere vir a usalas, comentadenolo no blog e arranxamolo.

marineda dijo...

Partido Cedeira Fs - Ventorrilo Caixanova el domingo día 18 a las 12 en el Pabellón de Cedeira.

marineda dijo...

Ya que nadie se anima, abro yo la quiniela:
Jornada 5:
FS Cedeira - Ventorrillo ....... 2
Jim Sports Melide FS - Arzúa.... 1
Burela Turistica - C.F.S Castro..1
Ribeira FS - S.I Outeiro de Rei..1
FS Alameda Xario-Jogafan Ordes...2
Boqueixon FS - Troula FS.........1
Peugeot Vilalba FS-Loterias Mexillon de Ouro..2
Hotel Torques Mera - CP Casas....1

Dantelu dijo...

Ribeira f.s-santa isabel o sabado as 19.45 no pavellon de fonsagrada


FS Cedeira - Ventorrillo 2
Jim Sports Melide FS - Arzúa 1
Burela Turistica - C.F.S Castro 1
Ribeira FS - S.I Outeiro de Rei 1
FS Alameda Xario-Jogafan Ordes 1
Boqueixon FS - Troula FS 1
Peugeot Vilalba FS-Loterias Mexillon de Ouro 2
Hotel Torques Mera - CP Casas 2

Vilalba F.S. dijo...

FS Cedeira - Ventorrillo 2
Jim Sports Melide FS - Arzúa 2
Burela Turistica - C.F.S Castro 1
Ribeira FS - S.I Outeiro de Rei X
FS Alameda Xario-Jogafan Ordes X
Boqueixon FS - Troula FS 1
Vilalba FS- Mexillon de Ouro 1
Hotel Torques Mera - CP Casas 2

Tonecho dijo...

Esa quiniela, que falta gente.
Por cierto este sabado a
GAÑAR CULLONS.
Xa me aburre falar toda a semana dos porques e dos porque non.
Este sabado non temos nada que falar, nin nada que pensar.
A GAÑAR e punto pelota.
Sorte a todos os equipos para esta semana, menos para o Arzua a eles desexolles boa sorte para a seguinte.
Un saudo a todos e a

GAÑAR CULLONS (outra vez).

Tonecho dijo...

Maña viernes 16 de outono, o Melide Futbol Sala ira os colexios de Melide a promocionar o Futbol Sala e animar os rapaces a participar nas escolas deportivas municipais, que este ano coordinan eles mesmos, as 11:30 no Nº2 as 12:00 no Nº3 e as 12:30 no Nº1.
Xa estan apuntados e pre-apuntados (algun e lento para entregar os papeis) 70 nenos e contamos aumentar dito numero.
Acompañarannos os dous campions de españa que temos en Melide (Fran e Javi) e tamen nos acompañara Carlos o xogador que xunto con Fran estan cedidos (que chulos somos) o Lobelle. Tamen temos que acordarnos de Chechu, alevin que este ano tamen fichou polo Lobelle.

Tonecho dijo...

Outra boa nova mais.
Hoxe concretei ca Federacion a concesion de unha seleccion comarcal para participar no torneo de seleccions comarcais da Federacion Galega.
Esto que parece pouca cousa e o que facilita que salgan xogadores como Fran e Javi a unha seleccion galega e despois sexan campions de España.
Xa estamos indo camiño de ser un pouquiño de referencia (esto e para o meu amigo da dimision, que repito que tranquilo que a volvo presentar o sabado despois do partido).
Un saudo a todos, e poñede a vosa quiniela.

Tonecho dijo...

Perdon por non ter colgado o video do Ventorrillo-Melide (problemas de tempo).
Colgareino tan pronto como me sexa posible.

Anónimo dijo...

FS Cedeira - Ventorrillo 1
Jim Sports Melide FS - Arzúa x
Burela Turistica - C.F.S Castro 1
Ribeira FS - S.I Outeiro de Rei 1
FS Alameda Xario-Jogafan Ordes 2
Boqueixon FS - Troula FS 1
Vilalba FS- Mexillon de Ouro 1
Hotel Torques Mera - CP Casas 1

esta jornada primer punto para el melide y primera derrota para el ventorrillo (que ya les va tocando)

Ivanhimovic dijo...

Tonecho, eu nunca fago a quiniela ata viernes por se pola semana hai lesións ou algo jeje. Bueno esta semana espero ganar porque maña pola noite estou "de retorno" e calquer axuda e boa jeje

FS Cedeira - Ventorrillo 2
Jim Sports Melide FS - Arzúa 1
Burela Turistica - C.F.S Castro 1
Ribeira FS - S.I Outeiro de Rei 1
FS Alameda Xario-Jogafan Ordes X
Boqueixon FS - Troula FS 1
Vilalba FS- Mexillon de Ouro 1
Hotel Torques Mera - CP Casas 1

Un saudo e ata a noite

Anónimo dijo...

Non creo q como dicides bos o Ventorrillo Fs sexa tan sumamente superior e xa estea ascendido a Nacional B.Certo q 3 dos 4 partidos os gañou con certa facilidade pero na sua casa gañou o Ribeira FS x 1 gol de diferencia,e certo q tiñan baixas pero o Ribeira Fs tamen acudia sin moitos dos mellores xogadores.Eu creo q nn se xde determinar o gañador con so 4 xornadas xogadas.Saudos

Ruben dijo...

VAMOSSSS!!!
Soy un crack en esto de las quinielas 1 acierto, jeje!!!
No tengo demasiado tiempo, pero lo primero dar ánimo a los jugadores, mister y directiva!! Queda mucha liga por delante, sin dormirse y corregir YAAA!!! los errores cometidos.
Mi quiniela para esta jornada es:
Cedeira-Ventorillo 2
Melide-Arzua 1
Burela-Castro 1
Ribeira- Outeiro 1
Alameda-jogafan 2
Boqueixon-Troula 1
Villalba-mexillon 2
Torques-Casas 1
Sin nada mas!!! Arriba too dios!!!
Temos moitos minutos nas nosas pernas de futbol sala, para que esto nos afecte!!
Bicos a Todos

Tonecho dijo...

Hola Anonimo.
Queria concretar algunhas cousas.
Eu falei ben do Ventorrillo, pero non dixen en ningun momento que non houbera equipos bos tamen entre o resto. O Ribeira esta demostrando que ten un gran equipo polos resultados, pero o Ventorrillo con baixas e o Ribeira con baixas (e decir en igualdade de condicions) perdeu o Ribeira.
Evidentemente esto e futbol sala e pode pasar de todo nun partido, pero o mesmo que lle pode pasar o Ventorrillo, podelle pasar o resto, e decir afectanos a todos.
O Burela, pra min, vai ser un gran equipo e perdeu co Arzua que non sacara moi bos resultados ata ese momento, e decir podelle pasar a calquera, pero nunha liga larga todo se iguala, e penso que o equipo (agora mesmo) mellor colocado para gañar a liga e o Ventorrillo.
Gustame apostar antes do final, decir o rematar a liga quen a vai gañar e facil, pero decilo agora non tanto.
Por outro lado se me preguntas quen vai ser o segundo xa non me atrevo a decilo (a pesar de telo mais o menos claro) e o terceiro xa nin de coña, xa que seguro que me equivoco.
Un saudo e sorte o fin de semana a todolos equipos menos o Arzua (esta semana).

dantelu dijo...

Hola si me permitides a miña opinión, e como xogador do Ribeira, eu doulle a razón a Tonecho. Pra min o Ventorrillo é o mellor equipo da categoría e neso non dudo. Nos contra eles é certo que tiñamos baixas e o propio entrenador deles, dixo k mereceramos gañar nos, pero tamen e certo, k eles estaban en cuadro, sin rotacions e sin os seus mellores homes, como o brasileño Dio. Tampouco teño dudas de ken vai ser o segundo clasificado, o Burela, por veteranía, por oficio, e por seriedade. O noso obxetico e acadar os 35 puntos k penso k van dar a salvación nesta liga. Crees que chegaran Tonecho? Ainda e moi cedo pra valorar, pero na miña opinión estes 2 equipos van cunha marcha pro diante dos demais. O resto, penso que calquera pode gañar a calquera e que ningun resultado podese considerar extraño. Un saudo pra todos.

Tonecho dijo...

Da gusto falar con xente sensata Dantelu.
Opino practicamente igual ca ti, pero non creo que a vosa opcion pase pola salvacion, co nivel que estades a mostrar supoño que estaredes entre os 4-5 primeiros.
O Burela ten un moi bo equipo pero estara moi condicionado polas lesions dos veteranos que son os que marcan os tempos, O Mera B ten un gran conxunto e se adestran como o ano pasado cada vez sera mais dificil gañarlles, e vos penso que tedes un equipo moi compensado. A esto temos que sumar o Troula que queramos ou non e doutra categoria e descendeu so por cartos. Despois temos outro grupo grande que serian Boqueixon, Ordes, Loterias, etc, etc e os que se descolguen que seran os que pelexen por non desceder.
Vai ser unha liga moi dura en cada zona da taboa e a salvacion vai estar mais cara que nunca.
Sinceramente (sacando temas como os Non descensos federativos etc) penso que os 35 puntos non van a ser suficientes para estar tranquilos. Todo o mundo na sua casa vai ser moi forte e 4 partidos vainos perder todo o mundo na casa, eso da un total de 33 puntos para a maioria de equipos como norma, dende aqui salvarase o que consiga gañar fora un minimo de 4 ou 5 partidos (os que perde dentro) co cal voltamos os 45 puntos. Esto son contas da leiteira pero serve para explicar que non sera nada facil a salvacion para moitos equipos, e por descontado que conto con que vos estaredes arriba todo o ano.
Sorte para maña e un saudo.
Xa me apetece xogar con vos para saudarte persoalmente.

Sergio dijo...

Cedeira-Ventorillo 2
Melide-Arzua 2
Burela-Castro 1
Ribeira- Outeiro 1
Alameda-jogafan 2
Boqueixon-Troula 1
Villalba-mexillon 1
Torques-Casas 1

prosy dijo...

Muchos "unos" en las quinielas, el q no arriesga no gana. Mi apuesta:
FS Cedeira - Ventorrillo 2
Jim Sports Melide FS - Arzúa 1
Burela Turistica - C.F.S Castro 2
Ribeira FS - S.I Outeiro de Rei X
FS Alameda Xario-Jogafan Ordes X
Boqueixon FS - Troula FS 2
Vilalba FS- Mexillon de Ouro 2
Hotel Torques Mera - CP Casas 2

Tonecho dijo...

POR FIN CULLONS

Anónimo dijo...

Ribeira Fs - Outeiro de Rei 6-4

Fotos Semana Eypar 2010