domingo, 4 de octubre de 2009

Seguimos no pozo

Terceiro encontro consecutivo que remata con derrota do Jim Sports Melide Fs na presente tempada. Nesta ocasion por 4 goles a 5 fronte o Cedeira Fs.
O encontro deste sabado tivo un guión moi distinto o das duas semanas anteriores ainda que rematou do mesmo xeito. Comezamos podendo mover un pouco mais o balón e facendo un xogo mais fluido, froito deste dominio e logo dunha boa convinación chegou o tanto de Fer que nos adiantaba no marcador. Este gol fixo que os visitantes se espabilaran e nós nos relaxaramos en exceso froito disto chegou o gol do empate a pouco de chegar o descanso, gol que xa evitara Cristian en varias ocasións con grandes intervencións.
Na segunda metade o dominio e presión do Melide Fs fixose mais evidente con mais chegadas e nunha delas Xurxo volvianos a poñer en vantaxe, e pouco despois Borja Casal facía o 3-1 que nos daba mais confianza. Pese a isto pouco a pouco perdimos o dominio e iso aproveitouno o Cedeira para nunha xogada de estratexia acurtar distancias. Con este resultado os colexiados tomaron a sua dose de protagonismo o cal nos custou o empate e o sairnos do encontro. Co empate e na procura dos tres puntos fomonos arriba e en duas contras o Cedeira colleu dous goles de diferencia. Ainda así o final un novo gol de Borja Casal de penalti fixonos acurtar distancia e a mala sorte impediunos arañar un punto polo menos xa que tiramos dous postes e o porteiro visitante salvou dous balóns nos que a grada xa cantaba o gol.
Tonecho puxo de inicio a Cristian (23) na porteria, Fer (6) de peche, Manuel (11) na esquerda, Xurxo (16) na dereita e Borja Casal (5) arriba. Tamen xogaron Tapy (1), Borja Perez (3), Diego (4), Cris (7), Manito (9), Kike (15) e Carlos (17).
Pese a derrota toca seguir loitando e toca pensar en que agora ai que ir a gañar o campo do lider o Ventorrillo, e pouco a pouco irnos metendo no ritmo que necesitamos.
Non me gusta falar dos arbitros, fun o primeiro en dicir que non perdemos por a sua culpa, pero si quero facer mencion a que non me parece loxico que un arbitro veña facer o seu traballo sen saber as reglas, e que o seu propio compañeiro lle teña que dicir que se equivocou e ainda asi sabendo os dous que esta mal pitado lle regalen unha falta que era case un penalti o rival que ademais foi o gol do empate. Ainda asi, e pese a facer esta mención non temos que entrar a valoralo mais, foi un erro, grave iso si pero que agora xa esta e no que non debemos seguir pensando.
O martes adestrase, esperemos estar todos os dispoñibles para tentar mellorar de cara o encontro do sabado.
Un saudo.
----------------------------------------------------------------------------------------
Resultados Xornada 3
Jim Sports Melide FS - FS Cedeira (4-5)
Burela Turistica - Ventorrillo Caixanova (6-9)
Club Ribeira FS - Concello Arzua (5-3)
FS Alameda Xario - CFS Castro (2-3)
Boqueixon FS - S.I Outeiro de Rei (4-3)
Peugeot Vilalba FS - Jogafan Ordes FS (2-1)
CP Casas - Troula FS (3-2)
Hotel Torques Mera - Loterias Mexillon de Ouro (5-4)
---------------------------------------------------------------------------------------
Encontros xornada 4 (10/10/09)
FS Cedeira - Hotel Torques Mera
Ventorrillo Caixanova - Jim Sports Melide FS
Concello de Arzua - Burela Turistica
CFS Castri - Ribeira FS
S.I Outeiro de Rei - FS Alameda Xario
Jogafan Ordes FS - Boqueixon FS
Troula FS - Peugeot Vilalba FS (17:00 h)
Loterias Mexillon de Ouro - CP Casas

42 comentarios:

Anónimo dijo...

O FINAL VAI ABER QUE DARLLE A RAZON,O MELIDE UN REFERENTE DO FUTBOL SALA, E PERDE OS TRES PARTIDOS QUE XOGA. ¡TONECHO DIMISION!

Tonecho dijo...

Todo chegará anonimo. Falamos do clube non do equipo cando decimos referente, e xa che digo que todo chegará.
Tranquilo que a miña dimision presenteina o dia que me dixeron que entrenara os seniors, e a directiva esta valorando chamarte a ti.
Perdoa a ti non te poden chamar porque sempre saes como anonimo, deixa o nome e eu mesmo falarei ca directiva para que conten contigo.
Por certo xa che aforro o traballo, a semana que ven xogamos co Ventorrillo e entra dentro do normal que tamen perdamos, pero non sufras voltarei presentar a miña dimision esta semana para que ti podas dormir agusto.

Tonecho dijo...

Hola a todos, despois da miña resposta a anonimo, darei a miña version sobre o que esta a pasar.
Sei que a moitos pareceralles que estamos moi mal, que e un desastre e que non funcionamos.
En parte teñen razon, estamos moi mal, esta sendo un desastre pero si creo que funcionamos.
Estamos xogando contra equipos que estaran entre os 6 primeiros da liga, incluido o Ventorrillo de esta semana, que se foran repartidos con outro calendario non seria tan desastroso.
Eso danos a ventaxa de que cando empecemos a ter resultados conseguiremos encadear varios xuntos.
Estamos a mellorar en xogo, correxindo erros importantes, a xente traballa nos adestramentos a morte, os que van estan implicados co equipo, etc.
Todo e positivo no dia a dia, so falta ter un resultado bon e coller confianza.
Temos grandes xogadores, e moi boa actitude, tede paciencia os xogadores e os afeccionados, todo chegará e sairemos pouco a pouco do pozo para poñernos onde merecemos.
Para os pesimistas e buscaculpables decirlles que o unico culpalbe son eu, que non se metan cos xogadores e que axuden a directiva que todo chegara.
Por certo, xogando contra estes equipos e so estamos perdendo dun gol e con opcions de gañar en todolos partidos, tan malos non seremos, so temos que creelo e buscalo.
Animo a todos e vemonos martes no adestramento.

Anónimo dijo...

Bos días a todos!!
Outra vez felicitar os autores do blog que nos axudán a seguir o dia a nosa liga, a idea dos videos e fabulosa.

Con respecto a vosa mala racha pedirvos paciencia, tedes xente moi nova q esta a pecar de falta de experiencia, personalmente creo q o voso problema e simplemente esto.
Buscade ese equilibro e os resultados chegarán.

Sorte

Tonecho dijo...

Graciñas Anonimo, con xente asi da gusto entrar no blog.

Manito dijo...

Boas a todos!!

Xa hai tempo que non me deixo caer por estos lares e penso que vai sendo hora.
A situación está sendo difícil de levar por que, sinceramente, penso que ninguén dentro do clube esperaba unha racha tan negativa nada máis comezar a tempada. Certo é que estamos a xogar contra equipos que van estar arriba ó final da liga pero vendo os resultados que se están a dar xornada tras xornada esto pinta que vai haber moita competencia. Só parece que o Ventorrillo e o Boqueixón están a dominar dende o principio e non creo que para eles sexa un paseo tampouco.
Falando agora do noso equipo a min dáme a impresión de que é cuestión de tempo. Probablemente a pretempada non tivo a suficiente carga de traballo táctico (espero non levar unha bronca por isto jaja) e, por así dicilo, estamos a facela agora, véndonos obrigados a andar a marchas forzadas. Eu vexo á xente con moitas gañas, o grupo a nivel persoal é inmellorable a pesares de ser un feixe deles e ter que quedar xente fóra cada xornada, os adestramentos son intensos e duros, o adestrador preocúpase por preparar os partidos e a directiva está a actuar con calma (calquera se poñería nervioso) e o público, bueno, só se pode dicir unha cousa: gracias. Dende a pista apreciase dunha forma espectacular o apoio da xente (a pesar de parecer unha banda ja, ja). Estou de acordo co mister en que a pesar de perder os tres partidos que levamos tivemos opcións en cada un deles e, sinceramente, o último non merecemos perdelo (supoño que a xente de Cedeira pensará outra cousa pero se son obxectivos entenderán o meu punto de vista). Como corolario pódese dicir que é cuestión de tempo e coa primeira victoria quitarémonos ese peso de enriba que fai que se nos encolla a perna en certos momentos claves dos partidos. Por último quero darlle ánimos os meus compañeiros e pedirlles que sigan traballando da mesma forma e coa mesma unión pois é o único xeito de cambiar a inercia que levamos.

Un saúdo a todos.

P.D. Ah!! esquecíame felicitar a tódolos que participan no blog de forma constructiva, aínda que sexa criticando. Da gusto ter un lugar común no que expresarnos, opinar e, en definitva, falar do noso deporte. Gracias a todos. Aburete.

dantelu dijo...

Animo Tonecho, que sabeis perfectamente que esto son rachas e todos os equipos funcionamos asi. Ainda empezou a liga e esto pode dar moitas voltas.

Tonecho dijo...

Graciñas Dantelu.
Un saudo.

Anónimo dijo...

al margen de los resultados, yo creo que fue un error eliminar el equipo juvenil. si era un tema de edad, se podria haber creado un filial en provincial.
igualmente el equipo probablemente termine por la mitad, hay calidad y buen cuerpo tecnico.
lo del filial podria ser para la proxima temporada.
que crees tonecho?

Tonecho dijo...

Es una de las principales bazas que se barajan para el año que viene. Soy total defensor de las canteras serias, es decir, todas las categorias, empezando por las no competitivas y las que ya tienen que buscar cosas que serian cadetes y juveniles.
Es lo que la directiva quiere y yo soy un total convencido. El problema es la organizacion y el presupuesto.
Pero puedo asegurar que la directiva esta peleando por ello.
Un saludo.

Vilalba F.S. dijo...

Cedeira - Mera 2
Ventorrillo - Melide 1
Arzua - Burela 2
Castro - Ribeira X
Outeiro de Rei - Xario X
Jogafan - Boqueixon 2
Troula - Vilalba 2
Mexillon de Ouro - Casas 1

marineda dijo...

Cedeira - Mera 2
Ventorrillo - Melide 1
Arzua - Burela 2
Castro - Ribeira 1
Outeiro de Rei - Xario 2
Jogafan - Boqueixon 1
Troula - Vilalba 1
Mexillon de Ouro - Casas 1

Lo siento Tonecho por vuestra mala racha (porque seguro que no es más que eso una racha). Pero ya puestos, esperar una semana más para salir de ella y ante todo que el sábado se vea un buen partido en A Coruña. Suerte.

Ivanhimovic dijo...

Boas de novo!

Esta semana aparte da cronica vou escribir algo mais, que o tiña algo apartado.

Primeiro pedir unha vez mais que me gustaria que os anonimos puxesen o nome e sobre todo en caso de que o comentario sexa igual que o primeiro desta entrada.

Segundo dar todos os animos os compañeiros, e corpo tecnico, xa que penso que antes ou despois ten que sair a relucir o bo traballo que se esta a facer.

Terceiro agradecer, xa que ainda non o fixera a xente dos outros clubes que sigan a participar neste blog, xa que iso da animos para seguir escribindo cada semana e tentar melloralo.

Cuarto, e visto que o plantel non lle fai moito caso a Tonecho (solo neste aspecto) pedirvos que de vez en cando deixedes un comentario, xa que ainda que case todos o ledes so Manito, Tapy, Humber, Fer ou Carlos se animan de vez en cando e penso que e bon ter mais opinions.

Quinto, xa non vos mareo mais a cabeza que senon quedome sin numeros pero voume animar a facer a quiniela da semana xa que e unha iniciativa que eu non levei a cabo no blog pero que me gusta moito.

Cedeira - Mera 2
Ventorrillo - Melide 2
Arzua - Burela 2
Castro - Ribeira 2
Outeiro de Rei - Xario 1
Jogafan - Boqueixon 2
Troula - Vilalba 1
Mexillon de Ouro - Casas 1

Un saudo a todos.

P.D: Marineda, creo que eres alguen do ventorrillo asique si podes poñer a que hora e o partido o sabado e donde agradecese, e se ademais nos queredes deixar os tres puntos xa que vos ides sobrados ainda mais jeje.

Saudos.

prosy dijo...

Ivan, xa levas dous votos no do pichichi (manda carallo) asi q vai pensando en deixar de finxir o do tobillo, e poñerte a correr, gordo!

prosy dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
prosy dijo...

Por certo crack, podias poñer a tua opinión sobre o q nos pasa, como capi que es!
Eu estou dacordo en todo con mani. Sempre falei de acoplamento e penso q é o que nos pasa, ademais da confianza. Para os xuvenis é un cambio grande a categoria, e para os senior a forma de xogar, e ata que eso non se axuste ben... Tamén vexo problemas de concentracións puntuais pq cometense erros graves totalmente evitables.
A pesar de todo quédome ca capacidade goleadora que temos e que sen estar ben plantamoslle cara a todos os rivais! Sempre hai que ver cousas positivas, pq ademais hainas!
E sigo dicindo q a plantilla é moi boa. No mismo nivel de adestramentos, as cousas van cambiar seguro!

Carlos 500 dijo...

holaaa a todoos!! mooi booaas!!A verdade e q nos tres partidoos q levamos tivemos moitos fallos que se iran axustando a medida que avance a tempada. pero podemos decir que a sorte tampouco nos acompañou moito xa que nos tres partidos perdimos por un ou dos goles. Esta semana temos un partigo moi dificil na coruña pero que intentaremos sacar algo positivo deste encontro.Animo tanto os meus compañeiros como a nosa afeccion que sen duda estase a portar.

pd:ivan aver se te vas recuperando xa que te votamos en falta e asi non sufriras tanto na grada..jaja!!

UN SAUDO.

Capitán Brunete dijo...

Hola a tod@s!
Joder no sé que pasa pero antes escribí y no se incluyó, con lo bonito que me había quedado y ahora se me ha ido la inspiración.
Bueno la verdad es que ya está todo dicho y no queda mucho que aportar. Porque todo lo que quería decir lo habeis puesto los demás.
Yo solo quería buscar responsables de la mala racha siempre y digo siempre, clasificatoria del EQUIPO y los único responsables que encuentro es NADIE! Estaba revisando números y datos, y es que somos el segundo equipo más goleador. Y el único por qué de esar así en la clasificación la tiene no haber entrado en cada encuentro dos balones en la red, es la única explicación. De acuerdo que en defensa estamos un poco flojo y será algo a trabajar, pero nuestra capacidad goleadora paliará nuestro fallos en defensa.
Mi crónica de esta semana yo la titularía porque no me sale otra es esta: CUANDO LAS COSAS SE HACEN BIEN, y digo esto porque desde todos los estamentos del club, Junta Directiva, entrenador, jugadores, patrocinaores y afición, creo que se está haciendo un trabajo increíble. Y sí, vale, la clasificación está ahí, pero los frutos se recogerán. Creo que hay un plantel de envidia, y el trabajo que está realizando todo el mundo y la implicación desborda mis expectativas. Como siempre ahí están los números, el martes bajaron a entrenar 15 jugadores, pero es que el viernes fueron 18 más los dos lesiondos y alguno entrenó enfermo, y es que además, en la sesión video estaba casi al completo la Junta Directiva, así que si así no se hacen las cosas... Otro dato, después de la derrota que a nadie nos gustó sufrir, bajó casi la totalidad de los jugadores no convocados a dar ánimo, pocas palabras más se pueden decir al respecto. Desde aquí mucho ánimo a los que no entraron en la lista para que sigan trabajando y puedan entrar en la próxima convocatoria.
En fin, me siento afortunado de formar parte de este proyecto. Y a los escépticos les diría que sí, que sigan dándonos caña que eso es señal de que les importamos y nos temen, aunque seamos penúltimos, pero ojito con 18 goles a favor, vale, 20 en contra, pero no lo olvideis: 18 GOLES A FAVOR, 2 menos que Ventorrillo que parece el coco de la categoría, aunque el sábado veremos. Otro dato para los escépticos, la temporada pasada en estas mismas fechas Mera B llevaba tres derrotas consecutivas y mirad cómo acabó.
Del partido poco más que añadir, creo que fue injusto la victoria de Cedeira que supo sacar tajada de un error arbitral y nuestro consiguiente salida del partido. Me gustó mucho el juego que desplegamos a raiz del 3-1. Del partido destacar a Cristian (portero) que hizo un partidazo, Xurxo en su línea ascendente, y a otros como 500 que confíen más en sus posibilidades, que si lo hacen se van a salir, y otros como al otro Cristian, que se centre en el equipo, que escuche a Tonecho y volverá su juego, que el otro día estuvo bastante más entonado.
Y del resto, que marcador aparte creo que jugamos bastante mejor que estos partidos de atras. Pero sobre todo tenemos que tener más agresividad, y a esos que les hacía gracia el otro día: mas hambre ostia, que yo estoy loco por ganar! je je je, como todos!
Un saludo a todos los que andais por aquí, que es un lujo ver tanta gente.
Y a los demás los veo el martes!
p.d.: ah, se me olvidaba, gracias al apoyo recibido por nuestro público, que creedme se notó ahí abajo en el coso. Con vuestro apoyo saldremos del atasco clasificatorio.

Anónimo dijo...

E increible!! Seguedes buscando escusas!!! A cousa e sencilla queredes reinventar o q xa esta inventado. Xuvenis en liga xuvinel e seniors en seniors deixadevos de parvadas q asi vos vai!!

Miño dijo...

Dantelu q tal el arzúa q les ganasteis este fin de semana en casa?
Me dijeron q solo van 6 0 7 a los partidos y q son todos nuevos pero que si estan todos tienen muxo equipo.
Sabeis algo añgueien?
Nosotros jugamos este jueves contra ellos el partido aplazado y los dos tenenmos 0 puntos.
Es un partido importante para nosotros.
Algun jugador que destacariais?

Gracias

Tonecho dijo...

Anonimo, o dos xuvenis na liga xuvenil e os seniors na senior tes que explicarllo a Guardiala, Caparros, etc, etc.
Solo un senior cobarde di ca culpa e dos novos, xa que eu non xogo. Por poñerte outro exemplo mais cercano o Mera B o ano pasado a gran maioria eran xuvenis, este ano tamen, etc, etc.
Unicamente un senior que ten medo que lle quiten o sitio pode decir eso dos xuvenis ou dun adestrador que conta con xuvenis.
Seguro que cando eras xuvenil (seguro que fai moito tempo) darias un riñon porque un adestrador fora valente e te puxera. Pois e unha pena, eu poñeriate, sempre que foras do nivel suficiente. Por certo os nosos xuvenis teñen o nivel, e mais do nivel necesario.
Gracias por participar e por vir a vernos.
As criticas tamen son importantes, dalgunhas aprendes cousas, de otras como estas cabrean e fan que todos traballemos mais para darche cos resultados.
Un saudo e non deixes de participar, o unico que che digo e como outras veces, que aqui non pegamos a ninguen (todo o contrario) pon o nome e asi podemos saber con quen falamos.
Cambiando de tema, esta semana xa e outra cousa, xa entramos moitos mais a participar, graciñas a todos.
Xa esta colgada a primeira parte do partido contra Cedeira, maña se podo colgarei a segunda parte.

dantelu dijo...

Hola Miño, do arzua personalmente podoche decir que é un equipo que me gustou moito... Son xente veterana casi toda, que se lles notan que levan moito tempo xogando xuntos, moi ordenados defensivamente e con moito oficio. Son bastante duros xogando (non tou decindo que señan marrulleros) Saben perfectamente ao que xogan, e teñen un porteiro realmente moi moi bon, pra min, o mellor do que vin en autonómica. Non che podo decir cal sería o mellor xogador deles, quizás me quedaria co capitán, que é o que os dirixe pola pista. Penso que teñen algun xogador que xogou o ano pasado no Melide, ou polo menos algunha cara soabame. Contra nos viñeron 8, non sei como será o resto da plantilla.
Un saudo

marineda dijo...

Para Ivanhimovic:

No soy nadie del Ventorrillo, solo un aficionado al deporte en general y vinculado a varios jugadores de la actual plantilla, al que le gusta el proyecto que intenta el Vento para levantar el futbol sala en la ciudad de A Coruña.

El partido lógicamente se jugará el sábado y a la hora habitual (sobre las 7 de la tarde), aunque esta semana al ser las fiestas del barrio (El Pilar), igual intentan ponerse de acuerdo con vosotros y cambiarlo para el lunes.

En cuanto a los puntos, creo que de momento a nadie le sobran, y habrá muchas sorpresas a lo largo de la Liga, aunque espero que no sea en A Coruña este fin de semana.

Un abrazo y suerte. Procuraré ir a veros.

Grupo de facebook de la LNFS dijo...

http://www.facebook.com/pages/Liga-Nacional-de-Futbol-Sala/140190343095?v=wall&ref=ts

miño dijo...

ok gracias dantelu,
será un partidu dificil logo.

Ruben dijo...

Boas a todos!!! Q gusto da entrar neste blog e ver 25 Comentarios, miña naiciña e iso q estamos a martes!! Iso esta moi ben!!

Do partido do sábado pasado vou ser breve, creo q a derrota foi inxusta, non digo q a culpa seña dos arbitro pero si decir que tiveron un erro moi grave q espero q non nos pase factura no futuro, dende aqui unha pequena reprimenda e q se poñan as pilas co novo reglamento q non o estan a aplicar en practicamente en nada!!
Facendo unha pequena critica do noso equipo, sempre esperando q a xente a colla como constructiva, penso que nos faltou un pouco de cabeza, cando estabamos gañando parecia q estabamos a perder e xogabamos moi alocados, esto orixinou precipitación e sumado o error arbitral supuxo q un equipo veterano soupera sacar tallada de iso e se levase o partido sen practicamente facer nada.
Debemos de seguir tallando cousiñas, pero tou convencido q os resultados estan a punto de chegar!!
Solo decir q nadie se desanime q esta liga e moi moi larga, e quedan moitos puntos q disputar.

Quero mandar todo o meu apollo os meus compañeiros, directiva e sobre todo o noso mister q penso que esta a facer un gran traballo e se esta implicando de unha forma que non vira en Melide nos meus anos de futbol.

Aqui deixo a miña quiniela;
Cedeira - Mera 2
Ventorillo - Melide 2
Arzua - Burela 2
Castro - Ribeira x
Outeiro - Alameda x
Jogafan - Boquixon 1
Troula - Villalba 1
Mexillon - Casas 1

Bicos a todos!!!


P.D: Quen ganou a quiniela anterior?

prosy dijo...

Miña quiniela;

Cedeira - Mera 2
Ventorillo - Melide 2
Arzua - Burela 2
Castro - Ribeira 2
Outeiro - Alameda 1
Jogafan - Boquixon X
Troula - Villalba 1
Mexillon - Casas 1

Tonecho dijo...

Estes dias non teño tempo para comprobar a quiniela da semana pasada, maña miroa seguro e digovos o resultado.
Un saudo e perdoade.

14-Guti Selección dijo...

Boas a todos!!!

Fai tempo que non me prodigo con algún comentario e xa vai sendo horas jeje!!!

Pois nada, con respecto o partido do sábado gustaríame poñer un pero moi grande no referente á actuación arbitral!!! Creo queseguimos caendo nos mesmos erros de anos anteriores permitindo que unha decisión arbitral vote por terra o traballo tan ben feito ata ese momento!!! é como cnado se adiantan no marcador ou nos marcan un gol!!! Baixamos os brazos e como xa temos excusa co árbitro vámonos do partido e centrámoos no desgraciados que somos porque o árbitro se equivocou!!!
Non levo moito nesto pero se algo está claro é que ó longo dunha temporada os árbitros danche e quítanche, e como non creo en que haxa unha mau negra en contra nosa pois creo que o máis intelixente é aceptalas decicións e seguir ó noso!!!
Estabamos xogando un partido de puta madre, dominando en todo momento, pero por culpa dunha decisión do árbitro fúmonos completamente do partido e iso non pode ser!!! Equivocouse e punto, a seguir xogando que é para o que estamos!! Seguro que a ningún de vos por fallar un penalti vos foi un árbitro dicir"imbécl, non tes nin puta idea, tonto"(esto tampouco o digo por ninguén, eh Bareto jaja)!!
Así que visto que temos un gran plantel e moitas ganas de xogar a esto deberíamos empezar a correxir ese tipo de erros porque senón non imos a ningures!!!!
Se perdemos por un penalti inxusto no último minuto, pois perdimos e punto!!! O que non pode ser é que dominando durante media hora o partido, por unha decisión arbitral tiremos todo pola borda en 10 minutos!!! Eso non pode volver pasar, joder!!!

Polo demáis, gustaríame destacar a gran actuación de Mani jeje!!! Non son moito de destacar a niguén por encima do equipo pero creo que está nun gran nivel de forma e pode aportar moito ó equipo!!1 Creo que sería un gran capitán!!! Ainda que el di que se lle está a pereder o respeto jeje!!!

O resto creo que pouco a pouco a xente se vai coeñcendo e cada vez somos máis equipo!!!

Un saludo grande a Mark e recupérate pronto loko!!!

Vilalba F.S. dijo...

O Peugeot Vilalba F.S. visita ao Troula F.S., este sábado día 10 as 17:00.
Un saúdo

Tonecho dijo...

RESULTADO DA QUINIELA:
Perdoade o retraso.
Con 3 acertos:
Prosy, Ruben, Dantelu e Marineda.
Con 4 acertos:
Vilalba e Sergio.
Con 5 acertos:
Anonimo (1) e Dani.
Gañador absoluto con 7 acertos (casi pleno, fallou o Vilalba Ordes que puxera X):
ANONIMO MERA.
Como curiosidade esta semana todos os participantes acertaron o mesmo resultado o 1 do Ribeira-Arzua. E todos menos 1 acertaron o Boqueixon-Outeiro.
Animo e seguide a participar.
Un saudo a todos.

Anónimo dijo...

(anonimo mera)
volvi a ganar? al final el dia que salga por melide me voy a pillar una buena!! xD
bueno, la de esta semana es mas dificil..

Cedeira - mera 2
ventorrillo - melide 1 (lo siento pero esta semana creo q tampoco va ser aun)
arzua - burela 1
castro - ribeira 2
outeiro de rei - xario 1
jogafán - boqueixon 2
troula - vilalba X
mexillón - casás 2

dantelu dijo...

Cedeira - mera 2
ventorrillo - melide 1
arzua - burela x
castro - ribeira 2
outeiro de rei - xario 1
jogafán - boqueixon 2
troula - vilalba 1
mexillón - casás 1

Tonecho dijo...

Xa colguei a segunda parte do Melide-Cedeira.
Perdoade a tardanza.
Un saudo.
Pd: Anonimo Mera, tentaremos que para cando veñas este arranxado o das copas, pero a este paso teras que buscar onde quedarte, o ritmo que vas como te colla trafico pasaras unha tempada encerrado.

carlos500 dijo...

boaas a todos!! tonecho sabese xa cando se vai xogar o partido conta ventorrillo?? un saudo a todos e animo que hai que gañar!!

Capitán Brunete dijo...

Cedeira - mera 2
ventorrillo - melide 2
arzua - burela 2
castro - ribeira 2
outeiro de rei - xario 2
jogafán - boqueixon 1
troula - vilalba 2
mexillón - casás 2

Pedazo de quiniela! Que había de premio?
Por cierto, por mi parte, los que nos dan candela, que aquí estamos... no problem, insisto, es señal de que Melide FS importa!
Quini, pedazo gol que metiste en el entreno. Cagüen, con el trabajo que hacemos entre semana los resultados llegarán, y CABRONES, MUCHA HAMBRE Y MALA LECHE, ostias, que a Melide FS no le gane ni dios. Ahí va eso!!!

dantelu dijo...

Miño,podesnos decir o resultado do partido aplazado de onte k xogasteis contra o Arzúa?
Un saudo

Anónimo dijo...

Concello de Arzua 3 Xario Miño 2

piston dijo...

Bueno é a primeira vez que entro no blog para escribir algo, non me gusta moito falar das cousas do equipo por fóra pero bueno como vexo que Iván, tonecho, sergio se deixan caer moito e fan un traballo grande hai que colaborar, aínda que vexo que xa hai moita xente que coñece do noso blog, eso é un orgullo para ti especialmente Ivan que fuches quen propuxo ou levou a cabo esta idea.
Bueno con respecto ao equipo este sábado temos un partido vital dende o meu punto de vista na Coruña, temos que saír con gañas todos de saber que podemos gañar a calquera, de feito o ano pasado os mellores partidos foron contra os equipos de arriba, poñer os huevos no campo e como dixo tonecho o outro día salir coa macheta entre os dentes. En canto as derrotas sufridas en díoas pasados que vamos facer agora xustificarnos?, que va penso que o mellor é valorar o que se fixo mal e correxilo. Non vou opinar de cousas de dilemas, nin tácticas aquí, porque se tivera algo que dicir non sería este o sitio adecuado.
Bueno sin máis para ser a primeira vez que escribo lieime de carallo para non decir nada que ningén de nós non sepa do que temos que facer mañá.

Ivan e os demais un gran traballo co do blog

Ivanhimovic dijo...

Que grande¡¡¡

O gran zinedine piston deixando comentarios no blog,e quini... bueno esto vexo que sigue no bon camiño.

Nacho, primeiro agradecerche o do traballo pero estando tolleito non teño moito mais que facer, e ademais este ano hai moita colaboracion, rober, tonecho... e segundo dicirche que estou totalmente dacordo contigo. Dende aqui vouche pedir que esta non seña a última vez que entres xa que como che dixen moitas veces eres un tio que sabe o que di, e que cando fala no vestiario prestaselle moita atención, e dicir eres un tipo de peso no equipo asique a seguir colaborando, esto mesmo pode ir por manito, humber, tapy.....

Un saudo e vemonos a noite ainda que nos campos non vai ser por un mes mais ou menos

Miño dijo...

Dantelu 3-2 perdemos.
Tiñas boa razón xogan moi ben e saben o q xogan.
Empezamos gañndo 1 a 0,pero a partir de ahi non vimos máis balón movense moito e teñen xente nova q toca moi ben e corta moito,o pero que lles vin ,foi un pouco de falta de gol, pero van estar arriba seguro ah e lesinouselles o capitan pero ollo co seu 9 o 5 e o 6 son novos e saben de que vai futbol sala.
Encanto a nós esperamos que se nos incorpore todo o mundo e que gañemos o primeiro partido para empeza a coller confianza.
Onte non puido ser pero o sábado de novo a intentalo.
Un saúdo a todos dende Miño.
Noraboa polo Blog.

arzua dijo...

Concello de ARZUA 8
Burela turistica 3

Fotos Semana Eypar 2010