domingo, 29 de noviembre de 2009

Sen luz....cara o gol

A crónica desta semana podemola copiar do encontro de fai quince dias, dominio, somos mellores, temos moitas ocasións pero o final o encontro vaisenos. Nesta ocasión un empate 5-5 fronte o Casas de Lugo.
O encontro comezou como digo, con un dominio total do Melide, con bastante posesión e apenas deixando os visitantes sair do seu campo. De todos xeitos tardou bastante en marcarse o primeiro gol que foi obra de Manito logo dun pase de Xurxo, antes deste gol xa levavamos dous postes e tres mans a mans co porteiro. Nunha das primeiras xogadas que o Casas chegou logrou o empate logo dunha gran xogada indiviudual. A partit de aqui o encontro estivo mais equilibrado con ocasións para nos pero tamen Guti tivo duas boas intervencions na nosa porteria, ainda asi Borja Casal volvia a darnos vantaxe no marcador, algo que duraria ata falta de 20 segundos cando logo dun saque de banda un xogador do Casas engancha unha boléa que vate en Sergi e empatannos o encontro.
A saida da segunda metade foi similar a primeira se cabe ainda con mellor xogo pola nosa parte, froito do cal o noso pichichi, Borja Casal nos daba por primeira vez diferencia de dous goles o segundo deles logo dun pase excelente de Cordido. Nese intre o encontro parecia controlado, de novo Cristian volveu estrelar un balón na madeira (tres en todo o partido) e Borja, Manu, Xurxo... volveron ter ocasións clarisimas pero unha vez mais non soubemos matar o encontro. A falta de pouco mais de 10 minutos para o final un penalti na nosa contra propiciou que os lucenses acortaran distancias e meteran o medo no corpo. Pouco despois de esta acción o encontro tivo que deterse debido a tormenta que estaba a caer e que produciu un corte de luz. Tardou unha media hora en reanudarse pero cando o fixo foi con bastante igualdade, e de feito o Casas igualou o encontro. Restaban tres minutos para o final e aconteceu o que para min vai a ser o mellor gol da liga, case na nosa area Manuel Casal fai amago de buscar a seu irmán o que fai que o porteiro se adiante, pero Manu busca o tiro directo, que pega en toda a cruzeta e entra, simplemente IMPRESIONANTE. Logo deste gol o Casas sacou porteiro xogador e pese a que o defendemos ben a falta de un minuto denovo a mala sorte nos ven visitar e volvemos a marcar en propia meta. Parecia que ai se acababa, pero ainda tivemos duas ocasións de gol claras, sobretodo unha a falta de 5 segundos con tres remates dentro da area e ningun conseguimos materializalo.
Tonecho sacou a Guti (18) de porteiro, Fer (6) de peche, Manuel (11) e Cordido (13) nas alas, e Borja Casal (5) arriba. Tamen xogaron Tapi (1), Piston (2), Cristian (7), Sergi (8), Manito (9), Xurxo (16), e Carlos Quini (17).
O xogador mais destacado unha vez mais para as gradas, pouco a pouco enchense mais, e o de onte era incrible, cos nosos rapaces, coa xente do cire (xa sabemos o que nos queda), e cos nosos aficionados de todolos sabados que seguen sen fallarnos e que ademais aguantaron ata o final pesea a interrupción. Tamen destaco o partido dos rapaces no descanso, vese moito futuro nalgún. Pero se falamos de destacados, temos que facelo dos Casal Brother's. Borja polo hat-trick, so un dato, 22 goles en 11 partidos, incrible, e Manuel polo seu golazo que fixo poñer en pe a todo o mundo, e que a xente coreara o seu nome dende a grada.
Como dixen o rematar o encontro ainda que nos estemos a ir fastidiados, ai que ver o lado positivo, a principio de tempada non xogabamos a nada, non defendiamos...., pero pouco a pouco as cousas estan a sair, e levamos 7 de 12 puntos, e dos ultimos 4 encontros unha soa derrota, ademais esta tempada xa se dixo que era para o que era, asique a seguir currando e a aprender que isto e largo.
A vindeira semana imos a Vilalba, un equipo que o parecer na sua casa e case invencible e que ten unha gran afición, asique tocara sufrir pero agardo que tamen disfrutar. Por certo Presi que agora sei que lees pero non comentas, imos en bus, asique queda na tua man ou Conde outra xestión mais. Ademais agora que viñeches ver un partido completo anima a que salga nos comentarios "la voz de la autoridad".
Un saudo e vemonos todos o martes.
P.D. En canto teñamos o video e as fotos da sesión do luns co adestrador de porteiros do Lobelle colgaremolas para que todos vexades que o Melide se esta a mover, e moito.

44 comentarios:

Tonecho dijo...

Tranquilos todos. Estamos na boa liña. Maña comento mais, pero temos que saber onde estabamos, onde estamos e cara onde estamos indo, e podovos asegurar que estamos na boa liña. Un par de pezas mais que consigamos encaixar e todo ira como queremos.

Tonecho dijo...

Hola a todos. Hoxe xa e luns e vou dar a miña opinion sobre o partido deste sabado.
Penso que estamos indo na boa liña, xa defendemos mellor, xa atacamos mellor, xa facemos as transicions ataque-defensa mellor, pero seguimos tendo carencias na transicion defensa-ataque. Facemos a saida ben, xa correximos a perda de balon no primeiro pase e chegamos facil a zona de remate, pero non terminamos de ser contundentes na finalizacion e temos moitas dudas na toma de decisions de cara a porta.
O bo de todo esto e que o sabemos e que nos damos conta, e que todos pelexamos para correxilo.
Se teño que destacar a algun xogador, seria os que non foron convocados que quitando algunha pequena excepcion, todos acompañan os seus compañeiros na grada, pasan a saudalos no vestiario, en definitiva son xogadores de equipo.
E moi duro para un xogador non estar convocado, pero todos asumen a situacion que teñen particularmente e animan os compañeiros.
Tamen teño que aclarar que os que non veñen e por decision tecnica, moitas veces non ten que ver con xogar mellor ou peor, xa que todos son grandes xogadores, ten mais que ver con sensacions particulares.
Pedirvos a todos o recoñecemento a estes xogadores e animalos a seguir que teñen a miña palabra de que intento que todos xoguen e que sexa o antes posible.
Sobre o Casas, pouco que non se sepa, un gran equipo moi duro mentalmente (nunca se ven abaixo) con grandes xogadores da casa e algun caido do Azkar e con moito futuro xa que moitos dos mellores son os mais novos.
Felicitalos polo partido deste sabado, pedirlles disculpas polo paron da luz (a tormenta foi bestial) e persoalmente felicitar a Dani pola sua actitude e a do seu equipo, e animalo a seguir nesa liña.
Mollate e di a tua vision do partido.
Tamen quero dar as graciñas os noso publico, cada dia mais.
Esta semana tiñamos a grada case chea e queremos seguir medrando.
E tamen os nosos nenos que a pesar do frio divertiron o publico durante o descanso.
Un saudo a todos.

Pd:Nun ratiño colgarei os videos e darei o resultado da quiniela.

Anónimo dijo...

tonecho, ti fas algo que non sea a web do equipo. tes que parar oh

Tonecho dijo...

Fago, fago. O que pasa e que xestiono moi ben o tempo e dame para todo.
Un saudo.

Ivanhimovic dijo...

Pois si que esta parado o tema esta semana, presi rompe ti o silencio (mira que te fas de rogar, eres como unha irmá jeje), e senon onde anda o resto da directiva.....

Semana con resultados preocupantes. O miño despertou e gañou no campo de mera, mexillon empatou en cedeira e castro gañou a outeiro..., la revelión de los modestos ha llegado. Haber se nos como estamos tamen hai abaixo nos animamos e damos a sorpresa en vilalba, nun partido importante porque mirando a clasificación o que perda vai quedar cortado.

Un saudo

P.D: Sabedes quen marcou o domingo.........Zlatan IVANhimovic!!!!!!!!, avisade a Casal que lle quedan poucos dias de pichichi jeje.

Tonecho dijo...

Casal xa esta preocupado, pero o que non durme e Monterroso.
Chamoume por telefono e dixome que non fora impetuoso, que era preferible que cuidaras a lesion e non entraras polo momento no equipo, que el facia o esforzo de seguir xogando para que ti te recuperaras de todo.

Opino coma ti, a directiva esta facendo todo de cine, menos no blog, fai un monton que non aparecen. Conde deu a sorpresa un dia pero non apareceu mais, Neira dende que perdemos o 2 partido escondese, unha pandilla de ...
Dende que te sentas no sillon xa non baixas xunto os mortais, que pena.
Menos mal que nos queda Rober (de momento) que esta dos dous lados. O lado da luz os xogadores e o LADO OSCURO a directiva. El sabra en que lado prefire estar.
Animadevos, Dani, Dantelu, Vilalba, etc pasade por este recuncho a contarnos algo.

CR9 dijo...

y el partido ultimo???? contra Casás??? cuando lo subís???? Un saludo

14-Guti Selección dijo...

Hola a todos!!!
Primeior de todo felicitar os meus compañeiros polo partido do outro día e ainda que non se ganou hai que pensar que un punto é menos que nada!!! Vale que na situacion na que estamos de pouco vale pero todo suma!

En canto o partido teño que dicir que cada vez vai mellor a cousa pero creo que seguimos xogando a ráfagas!Hai momentos nos que demostramos que sabemos xogar a esto e chegamos arriba en 3 toques e da gusto pero creo que nos falta continuidade no xogo! Porque pasamos de eso a estar completamente desorientados no campo!!!
Eso en canto o xogo de atque, no que tamén boto un pouco en falta un pouco mais de toque e trankilizar un pouco o partido cando este o require, sen ir tan o tolo parriba sen ter alguen acompañe a salida de balon!

En canto a defensa creo que se esta mellorando pouco a pouco pero me da a sensacion que as veces hai demasiado hoco entre o peche e os demais! Non sei moi ben se debería subir un pouco mais o peche ou baixar un pouco a zona de defensa os 3 darriba, ou quiza seña un pouco as 2 cousas dependendo da situacion!!!
Outra cousa da que creo que abusamos bastante en defensa é o tema de salir co balon xogado si ou si! Entendo que é o que aspiramos pero creo que as veces nos complicamos demasiado a vida por non dar un balonazo arriba(que `por outro lado non esta tan mal as veces, senon mirade o gol de Manu Carreño, alias Manolo jeje) ou botala directamente fora e colocarse todos!!! Sei que tanto a Nando coma a Piston lles sobra calidade pero incluso as veces os mellores teñen que dar balonazos(senon mirade o Barca esta fin de semana jeje) porque hai momentos nos que te lias, perdeste, non sabes onde estas e o mellor e tirala fora!!!
A nivel personal, pois destacar o golazo de Manu Carreño ainda que todavia me ten que explicar se era un pase, un balonazo ou un tiro a porta jeje! E tamen, unha vez mais a aportacion de Manito, non solo polo gol senon polo nivel amosado, e de Cordido, que deu un pase sensacional no 3 gol!
En canto o comentario de Mark sobre o Casal Brothers creo que é moi acertaqdo porque cando conectan un co outro é unha maravilla pero a pena é que non o fagan co resto! Creo que se aislan un pouco en eles e desaparecen do partido! Creo que se Borja entrase un pouco mais no xogo do equipo sería moi positivo tanto para el como para o equipo! E que ninguen me entenda mal, non estou dicindo que non faga por xogar en equipo, todo o contrario pero non conecta co resto igual que co irma! E a Manu pasalle un pouco o mesmo de repente ten unha empanada(de grelos) mental e vaise do partido!!! Non son criticas nin moito menos, senon peros que poñerlle a xogadores moi bos!!!

Deixovos xa que parezo Tonecho jeje!! Quiza non deberia facer esta bromas se quero volver entrar nunha convocatoria jeje!!!

Un saludo!!!

14-Guti Selección dijo...

Ahhhh, que xa me olvidaba!!! Solo unha cousiña mais,agradecer os animos do mister para toda esta xente que non estamos contando apenas, por diversos motivos, porque a verdade é que se fai jodido quedar fora da convocatoria unha e outra e outra vez!!! Non vou mentir, a ninguen lle gusta quedar fora, pero mentres o mister siga contando con nos non vai ter ningun problema, polo menos pola miña parte!!! So espero ter as mismas oportunidades que os demais!!!! E se non estou pa xogar jodereime pero vouno asumir igual que levo facendo toda a temporada, que quitando nalgunha convocatoria que non estiven moi de acuerdo, creo que a miña aportacion non é nin mais nin menos do que merezo, por nivel fisico e por sesions de entreno as que acudin!!!
ó fio de esto, e xa pa rematar gustariame darlle ánimos a Ángel, que tamppoco está contando moito pero que creo que esta a traballar nunha moi boa linea!!! E sempre que saliu deu a talla e con creces!!! Creo que se sigue a este nivel non a tardara en entrar en mais convocatorias(esto xa non depende de min Ángel jeje)!! Tamen hai que ter en conta que estivo lesionado e por eso quizas seña tamen o que menos convocatorias leva!!
Con esto tampouco quero despreciar o resto dos porteiros nin moiito menos, porque creo que estan os 4 a un gran nivel, pero a Angel coñézoo desde o instituto(ainda nonn entendo moi ben porque me sigue tendo cariño jaja ou falando incluso jj) e sei que non o está a pasar ben xogando tan pouco!! Asi que ánimo e a seguir!!!

Bueno, non queriades animar esto?¿?¿? JAJA por certo Mark, ainda acabo de pillar agora o do titular!!! Teño que volver tomalo mando dos titulares porque non hai nivel jeje!!!

Un saludo e vémonos en breves!!!

marineda dijo...

Ya están colgados los horarios del fin de semana, excepto de uno. Hay van:

S.I. Outeiro de Rei Hotel Torques Mera 05/12/2009 20:00 Municipal Outeiro de Rei
Jogafán Ordes F.S. C.F.S. Castro 05/12/2009 17:30 Castelao II
Troula F.S. Concello de Arzua 05/12/2009 17:00 Municipal de Betanzos
Loterías Mexillón de Ouro Ventorrillo Caixanova
C.P. Casás F.S. Cedeira 05/12/2009 19:00 Polideportivo Casa do Deporte
Peugeot Vilalba F.S. Jim Sports Melide F.S. 05/12/2009 18:30 Municipal de Vilalba
Boqueixón F.S. Burela Turística 05/12/2009 20:00 O Forte
F.S. Alameda Xarío Club Ribeira F.S. 05/12/2009 17:00 Munipal de Miño

marineda dijo...

QUINIELA
* S.I. Outeiro de Rei - Mera B 2
* Jogafán Ordes - Castro ...... 1
Troula F.S.-Concello de Arzua.. 1
L.Mexillón de Ouro-Ventorrillo. 2
C.P. Casás-F.S. Cedeira........ 1
Vilalba F.S. - Melide F.S...... 2
Boqueixón F.S.-Burela Turística 1
F.S.Alameda Xarío-C.Ribeira F.S.2

Bueno envío ya la quiniela para que no me pase como la semana pasada que fui de viaje y me olvidé de ella. Aunque con los resultados que hubo habría acertado muy pocos partidos.

Suerte por esos campos de A Coruña y Lugo

Tonecho dijo...

Hola CR9, los videos los puse a subir toda la tarde pero cuando regrese de entrenar quedaran colgados. Ahora mismo hay solo dos videos y mañana por la mañana cuento colgar el resto.
Mañana por la mañana tambien pondre el resultado de la quiniela.

Par o resto, a si me gusta, que deixedes recados para que o subconsciente me traballe toda a semana.
So decirche que a min preocupame moito mais que a vos (inda que non o creades) o non poder convocar a todo o mundo, que o estou tentando pero non me saen as contas.
Hoxe mesmo o rematar o adestramento falei dos casos que comentas e din unha argumentacion de porqué??
so me falta cadrar algunha cousa para poder facelo.
Esta semana concretamente e unha semana na que temos que preocuparnos de defender moito mais que outras xa que de perder quedamos descolgados na clasificacion e se gañamos metemonos no grupo que nos interesa.
Tamen quedou xente como Perez e Bareto fora e falta xente como Cordido. Agora o problema e casar todalas pezas e conseguir un plantel motivado e con gañas de facer grupo.
Sei que non o fas con intencion de presionar pero xa que sae o tema, asegurovos que ningun xogador ten ningun problema conmigo e se non esta convocado e porque considero que non esta o nivel que ten que estar para entrar dentro dos seleccionados cada semana, e non sempre son temas de capacidad futbolistica. O caso mas claro e Sergi, que todos sabemos que e un gran xogador e o sabado pasado so o puiden poñer a xogar 7 minutos, mentras que Manito que estaba contando menos xa pasou a xogar 17, e Cristian pasou de non entrar nas convocatorias a xogar 16 minutos.
Animo e non decaigades. Xa sei que e jodido dar consellos pero so decirvos (e algun xogador sabeo) que tento cadrar todo para que poida ir todo o mundo.

Cambiando de tema, ningun vai comentar os resultados de esta semana. Algun e moi rechamante.
Espero a maña e despois comentovos a miña opinion.

Un saudo a todos.

Anónimo dijo...

Mui boas son un directivo de Vilalba e so queria aclarar que o partido é ás 18:30 e non ás 18:00 como poñedes no blog.
De todas maneiras o pabellón estará aberto dende as 16:00 asi que si queredes vir antes seredes ben recibidos.
Un saudo e vemonos o Sabado.

Tonecho dijo...

Graciñas pola correccion, fai 5 minutos que vin o fax.
Vemonos sabado.
Un saudo.

Tonecho dijo...

Hola outra vez. Penso que temos que entrar a valorar os resultados de outros partidos para que os moitos amigos que visitan o noso blog podan opinar, e non falar so de nos.
Esta semana apareceron resultados sorprendentes que poñen a liga mais animada.
Por un lado o que mais me sorprendeu foi a derrota do Mera por parte do Xario. Supoño que o ser un partido entre casi veciños influiria no resultado, a menos que o Mera padecera moitas baixas, cuestion que descoñezo.
Tamen me sorprende a goleada do Ventorrillo o Troula e sobre todo a goleada do Arzua o Ordes. Neste ultimo caso sintoo especialmente polo meu amigo Jorge y pola directiva do Ordes (moi boa xente).
Tamen me sorprende a victoria do Castro sobre o Outeiro, que supoño que tamen sera un tema de rivalidade veciñal.
Outro caso que me sorprende menos e o empate de Cedeira contra o Mexilon. Considero que o Cedeira (que non lles pareza mal) agora mesmo esta na taboa por riba do seu nivel real e o Mexilon esta por baixo do seu nivel real, e por esto non me sorprende tanto.
E quedame pena de non poder ver o partido Ribeira-Boqueixon que tivo que ser un moi bo partido e moi importante para os dous equipos.
Un saudo a todos e espero que entredes a comentar os nosos amigos doutros equipos.

Pd: Dani onde andas?? esta semana tes que entrar a valorar o partido do sabado contra vos.

Tonecho dijo...

Semana im-presionante nos resultados.
Ninguen acertou o Castro-Outeiro, ninguen acertou o Cedeira-Mexilon, ninguen acertou o Melide-Casas, e so un acertou o Mera-Xario (Cap Brunete).
Con un acerto (mala sorte esta semana) o noso amigo Yago.
Con dous acertos estan Cap Brunete (a pesar do acerto extra que acadou co Mera-Xario). Anonimo tamen dous e Dani o mesmo.
Con tres resultados aparecen Vilalba, Ivan e Guit 18.
Vencedor esta seman con so 4 acertos esta o amigo Dantelu.
Un saudo a todos.

Manito dijo...

Boas a todos!!!

Vou aproveitar que teño un momento para entrar e facer a miña aportación, senón Iván igual me berra despois (por certo, moi boa a música do blog,jeje).
En canto o partido do sábado non podo dicir nada que non se dixera xa, só felicitar os nosos polo traballo, animalos a seguir na mesma liña e agradecer a xente que se achega a vernos o xeito que teñen de animar. Agradecer tamén ó Casás a súa exquisita deportividade e pedir desculpas de novo polo apagón (o tempo estaba como estaba).
Con respecto as convocatorias, bueno, eu non me quero na pel do míster á hora de dar a lista pero penso que moitos quixeran ter tantas opcións como ten él, ou non Tonecho? bendito problema.
Falando dos resultados e vinculando coa quiniela, esta semana estaba muy complicado atinar. Sorprende o do Xarío pola traxectoria que levaban pero, como xa dixen algunha vez, o último ano que estiveron en autonómica eran dos equipos punteiros, moi difíciles de batir, supoño que volverán pola súa senda. Sorprende o resultado do Ventorrillo-Troula pola diferencia tan grande pero e que estes tíos xogan noutra liga e aínda me sorprende máis o Castro-Outeiro. É certo que cando xogamos con Outeiro non foi o noso mellor partido pero a min pareceronme un moi bó equipo, bastante superior ó Castro, porén.... Bueno, esto é o bonito do futbol-sala. Os partido son abertos e ata que non soa a bocina non se sabe quen gaña e os resultados a priori puocas veces soen cadrar. Bueno nada máis, un saúdo a todos os que pasen por aquí e que se dea ben o fin de semana (menos ó Vilalba claro jeje). Vémonos polos pavillóns.

P.D. Numberto: despois dis que no Pelusa traballas a cristo, veña home veña!! jaja.

Dani dijo...

Boas a todos!
Sinto non poder entrar a comentar o partido da pasada fin de semana antes, pero os exames son os exames...
Primeiro darlle as gracias a Tonecho polas suas palabras e dicir que foi un placer coñecerte(non é peloteo jeje)
En canto a miña valoración do partido; pois sinceramente penso que o Melide perdeu dous puntos e o Casás gañou un tal e como se desenvolveu o partido. Se nalgunha fase do partido materializades as claras ocasiones que tivechedes...os tres puntos quedan na casa pero seguro, sen embargo nos sempre conseguiamos meternos no partido. Ainda que para min a xogada clave é cando metedes o gol dende o voso campo...nese momento o partido estaba moi aberto e nos comezabamos a encontrarnos comodos pero pum...de novo a remolque. Baixo o meu punto de vista penso que sabedes o que xogades, é dicir, tedes un estilo de xogo definido e tratades de xogar a fútbol sala(xogo combinativo, circulacion rapida, apenas estades estaticos, gustoume a estratexia, movedes moito o banco o cal é fundamental, comenzastes moi intensos, etcetcetc...)e penso que si seguides nesa liña de traballo acadaredes resultados moi positivos ó longo da tempada. Felicitarvos e animarvos a seguir traballando, sobretodo a ti Tonecho que non é fácil levar unha plantilla con 21 xogadores, pero cando todos se esforzan adestrando...é por algo!!seguide asi!!
Sobre nos dicir que chegabamos con duas baixas importantes e q creo q fixemos un partido bastante malo, os nosos goles chegaron en accions aisladas nas que combinamos ben, outro de estratexia e outro con 5 para 4(ainda q tamen foi dos peores dias que movemos o balon con superioridade). Agora tocanos Cedeira e trataremos e romper esta mala racha, senón...vexo mal esta dinamica.
Por outra banda da gusto ver a grada con xente que se mostrou respetousa durante todo o encontro, tamen ver os xogadores non convacodos apoiando os seus compañeiros, o trato esquisito por parte do membros do equipo os visitantes, xente coma o voso mister coa que se pode manter unha agradable conversacion despois dun partido intenso, unha paxina web moi animada...pequenos detalles q se ven dende fora(e seguro q se me escapan un cento deles) que vos fan crecer e ser grandes como equipo e polo cal vos felicito.
Ah, polo tema do apagon non vos preocupedes son cousas q pasan e ademais xa estamos acostumbrados jeje(o ano pasado en Boqueixon pasounos o mesmo)
Desexarvos moita sorte na liga e seguirei pasando por aqui para dar as miñas valoracions.
Un saudo dende Lugo.
P.D. ollo con me bon amigo Manu o Sábado, un autentico xogadorazo!!

Tonecho dijo...

Graciñas Dani.
Despois dun partido tan intenso, que o capitan do equipo pase polo noso blog e fale asi do equipo di moito de ti, e para nos e un luxo.
Sorte todo o ano, menos na volta contra nos.
Un saudo CAMPEON.

prosy dijo...

Boas a todos!
Non teño demasiado tempo, e sobre todo medios, para escribir durante a semana, pero hoxe gustaríame deixar planteada unha pregunta sobre a que estivemos a falar onte despois do entreno, nun mini coro de debate que fixemos o acabar o entrenamento.
A verdade é que eramos todos contra o de canas (un saudo Conde), pero o caso é que o tema que se falou foi sobre o nivel en xeral de este ano en Autonómica Norte, o que nos toca a nos, e en concreto si hai mais nivel este ano que o ano pasado.
Para min, e para case todos os que estabamos onte alí, está claro que é moi superior a competición actual. So hai que ver o dificil que é para un equipo enganchar 2 ou 3 victorias seguidas (sacando os dous primeiros, claro está) e incluso o número de victorias que se están a dar a domicilio cada xornada, algo pouco habitual en anos anteriores, por non dicir a alternancia de diferencias nos marcadores finales.
En fin, estaría ben que a xente opine desto, como das sorpresas nos resultados da semana pasada, sobre todo xente como Tonecho, Mani, Dani, Dantelu, Marineda, Ivan, Conde, Neira, etc, etc, (non vou nomearos a todos que sodes moitos) que levades tantos anos competindo e vendo o futbol sala de Autonómica!
Un saudo e espero opinións!

prosy dijo...

Acabo de leer o comentario de Dani, e so quería darlle as gracias pola sua sinceridade e pola sua deportividade. Non falei con el o outro día, pero polos seus comentarios e pola túa forma de estar na pista o outro día parécesme un tipo sensacional, un exemplo do que ten que ser un deportista e unha persoa.
Un saudo, e con xente coma ti da gusto traballar polo futbol sala!

dantelu dijo...

Hola a todos,
Do noso partido podovos comentar que a piques estivemos a botar o partido a perder xa que ganabamos 6 a 2 a falta de 3 minutos, e meteronnos 3 goles casi seguidos por facer mal as rotacions e polo exceso de confianza. Esto fai pensar que nesta categoría paganse caras as confianzas e non podes dar por gañado un partido por moito de cara que se teña. O Boqueixon ten peor plantel que o ano pasado, os seus 2 mellores xogadores fichounos o Noia de Nacional A. É un equipo que basa todo nunha boa defensa (casi defenden dende a sua area) e rápidos contragolpes. Eu sinxelamente, esperabame mais deles.
Polo resto da xornada, sorprendente a victoria do Xario, non por gañar, senon por facelo nunha cancha moi complicada como é a do Mera. Este fin de semana xogamos contra eles, xa vos comentarei...
Tamen me sorprende a derrota do Santa Isabel, este equipo engaña moito, porque é moi combativo, saben o que xogan e teñen moi bos xogadores. Non entendo que lles esta a pasar. Do Mexillon, non me extraña o resultado, sei que tarde ou temprano van arrancar. O Burela, parece que esta a empezar a colleitar a racha de confianza que necesitaban pra asentarse definitivamente e aspirar a todo este ano. Do Ventorrillo, xa paso de falar... jejeje A este paso vamos ter que facer a quiniela de saber cando vai quedar campeon matematicamente. Impresionante. Equipo mais goleador, equipo menos goleado... Do Melide, costouvos asentarvos na categoría, pero estades indo de menos e mais, e estades traballando moito, o cal ta dando os seus frutos. Lástima dese mal arranque, aunque tamen é certo que tivesteis un comenzo bastante forte en canto a rivais. Esta semana esperavos un equipo moi complicado (non é so Manu) e cunha afición moi respetuosa entregada a eles.
A ver si nos animamos mais xente a facer a sua valoración da xornada e por fin, atopamos un foro no do que falar de futbol sala, sin andar criticando a xogadores e equipos cada semana como pasa noutros foros, no que cada semana toca machacar a alguien distinto.
Un saudo a todos,

P.D.: Por certo, na páxina da federación sale o partido do Boqueixón-Burela como suspendido.

DONMANUE dijo...

HEMO FIXAO A MAKAY.
DO PARTIDO DO OUTRO DIA, SO DECIRVOS QUE SODES UNHA BANDA....PERO MOLOUME DE CARALLO ESCOITARVOS.
DEIXOME CAER OUTRA VEZ POR AQUI, PARA SABER O QUE SE DI ENTRE VOS, UNS SIMPLES MORTAIS. EU, ESTOUME AFACENDO MOITO A VIDA DOS DESPACHOS, E CLARO, ENTRE FICHAXES, REUNIONS CON XENTE IMPORTANTE,SUELDOS MILLONARIOS,ETC..., NON TEÑO TEMPO NIN A IR A COMER O BOCATA CON VOS, E MENOS CON CONDE,CON IVAN E CON PISTON ATA CASE QUE AS 3 DA MAÑAN.
COMENTAR QUE MANITO VAI A CAUSAR BAIXA NO EQUIPO, POIS LEVA UNHA SEMANA SIN PEDIR A MIÑA DIMISION.
NON QUERO ABURRIRVOS MAIS COAS MIÑAS HISTORIAS, E ADEMAIS, AGORA NON TEÑO TEMPO, QUE TEÑO QUE PASARLLE A TONECHO A FOLLA DOS XOGADORES QUE TEÑEN QUE IR CONVOCADOS A VILALBA, E AVISO, PISTON PAGAME O CAFE TODOLOS DIAS, E ISO TRADUCESE EN CONVOCATORIAS,CAPITANIA, MINUTOS XOGADOS,TITULARIDADES (PERO PORQUE EL NON QUERE SAIR TITULAR).
SAUDOS , MOITAS GRACIAS OS DE FORA POR FACER QUE ESTE BLOG SEXA TAN ANIMADO (OS DA CASA VAILLES NO SUELDO).
D.MANUE RUIZ DE LOPERA

Tonecho dijo...

Don Manue, e un honor que nos visite, esperabamos as suas palabras con ansiedade.
Quedamos a espera de novas entradas que nos iluminen ca sua sabiduria e sapiencia.
Tiña que comentarlle que na lista de convocados que me entregou para este fin de semana ten un error, aparece Makay e polo momento non temos o transfer da federacion, pero se a sua señoria quere que viaxe co equipo faremolo e prestaremoslle as gafas de Angelito para escondelo e que poida xogar.
Por certo, xa deixei pagada a comida e o hotel para que disfrute dun fin de semana nunha casa de turismo rural a cal me dirixirei no momento que me chame para falar do contrato da tempada que ven.
Un saudo do seu agradecidisimo subdito (ben pagado por certo).

Pd: Xa todos sabemos a GRAN importancia que teñen as suas palabras pero non e necesario que as poña en mayusculas, xa o damos por entendido.

Tonecho dijo...

Hola a todos, hoxe entro para decirvos que xa conseguin colgar os videos do partido que faltaban.
Os que querades ver o gol de Manuel (e expectacular) esta no X video xusto o principio.
Un saudo.

Palas de Rei Times dijo...

ÚLTIMA HORA DO MELIDE F.S.!!! Según puido saber este xornal e tralas últimas declaración vertidas por Don Manué, presidente do Melide F.S. estase a preparar unha moción de censura contra o mesmo. O motivo non é outro que, cómo se pode comprobar pola arrogancia das súas palabras, adícase a levar un tren de vida moi alto a conta das arcas do clube, comendo en restaurantes de luxo (hai fotos del no Toxo brindando con viño peleón e gaseosa marca "La Casera" e comendo churrasco, do bon, non dese que é todo óso) e na compaña de señoritas de vida licenciosa descorchando botellas de sidra El Gaitero (nin sequera bebe sidra galega). Nestas fotos aparece acompañado dun señor co pelo blanco e a funda de colorines que oculta o seu rostro para non ser recoñecido pero estamos a investigar quén é, creemos que é o testaferro que se ocupa de darlle unha "man de pintura" ós asuntos contables do presidente nos paraísos fiscais de Jersey, Caimán e Zurich pero aínda está por confirmar, do que sí estamos seguros é de que non ten nin idea de futbol sala. Según un comunicado de prensa desde as máis altas esferas do clube trátase dunha montaxe da "caverna mediáica palense, que non atura o éxito dun clube como o Melide F.S.". Estamos seguros tamén de que conta coa connivencia do corpo técnico que, según un informador anónimo chamado Prosy, estase a levar un sobresoldo en comisións, a máis cuantiosa a raíz da renovación do xogador extracomunitario palense Manito que lles reportou os mesmos 3,58 € a repartir, unha arandela do 6 e un vale para un equilibrado de rodas gratis. A afición do Melide F.S., a pesar de que dende a directiva se tenta "comprar" o sector máis radical a base de cafés e bufandas, non pode permanecer allea a semellante mostra de caradura e prepara unha manifestación baixo o lema "Directiva cabrona, fora da Martagona" Permanezan atentos ó seu blog de confianza, manterémolos informados.

Ivanhimovic....Ibracadabra dijo...

Sin palabras¡¡¡¡¡¡¡¡

Levava un dia sen entrar no blog, e forame mellor non haber entrado, porque vaya ladrillos jeje.

O xornal de palas dicirlle que ten a información moi de man, pero eu penso que o xefe da banda anda por lourenzá, por oidas o centro de operacions e o pinocho jeje.

Que grandes sodes!!!!!!!!
Mani, a partir de ahora ti levas a mais da musica o resto porque eu non estou a altura, iba forzar para poñer xil rios esta semana pero despois de esto..., que podo dicir...FAI O QUE QUEIRAS

Un saudo craks

Tonecho dijo...

Sen palabras.
E despois entras noutros foros e o unico que ves e malas contestacions e faltas de respeto.
Melide futbol sala, sodes a caña.
Animo e a seguir asi.
Por certo creo que en Ribeira estan a plantexar unha mocion de censura como a nosa, non se pode permitir que un equipo gañe sen entrenar, creo que varios xogadores falaron ca directiva para esixir malos resultados e poder ser coherentes co traballo realizado.
En Burela estan buscando un voluntario que lle preste o carnet de indentidad a Palmeiro para que non sexa un veterano o que gañe os partidos, e que pase a ter 21 outra vez.
En Casas o caso e distinto, queren recuperar a Fernando como xogador e Muchi como porteira para que deixen de decir que os arbitros pitan a favor deles. E mais penso que queren fichar a todolos arbitros e asi rematar cos problemas.
O de Vilalba e outro tipo de problema, ali queren facer que Manu deixe de estudiar a carreira (total pa que rematala) para que se dedique o futbol sala e asi poder aclarar se e xogador de esta categoria o superior.
Nada señores, este blog e coj...udo e todo son bromas e boa xente.
A copiar o resto.

Pd: Referiame so o foro do Azkar, concretamente algun dos que faltan o respeto nel.

Vilalba F.S. dijo...

Outeiro - Mera 2
Jogafán - Castro 1
Troula - Arzua 2
Mexillón - Ventorrillo 2
Casás - Cedeira 2
Vilalba - Melide 1
Boqueixón - Burela 1
Xarío - Ribeira 2

Un saúdo, e vemonos o sábado en Vilalba, a ver si hai un bo ambiente na grada e poidamos disfrutar dun mellor partido

CR9 dijo...

Outeiro - Mera x
Jogafan - Castro 1
Troula - Arzua 1
Mexillon - Ventorrillo 2
Casás - Cedeira 1
Vilalba - Melide 2
Boqueixón - Burela 1
Xario - Ribeira 2

Sorte este fin de semana a todos

Anónimo dijo...

kuantos puntos pensais k haran falta para salvarse a final de temporada? Un saludo desde MIño

Tonecho dijo...

Xa fixera unha prevision fai algunhas xornadas, pero non contaba con que estibera algun equipo tan descolgado. E previsible que Xario, Mexilon e Ordes, por historia, volten a senda dos bos resultados e que compliquen a parte final da liga.
Se tomamos como referencia os 12 puntos agora mesmo a falta de 4 partidos da 1ª volta, a min saenme 15 puntos na primeira volta e uns 18 na segunda, o cal danos sobre 33. Se algun equipo segue tan descolgado, ou caemos nesa pelexa mais equipos os puntos necesarios serian moitos menos pero calculo que un minimo de 25.
Esta semana e importante xa que se no noso caso perdemos, teriamos un corte importante en puntos que faria que quedaramos moitos equipos descolgados e pelexando por non descender.
Por certo Vilalba Fs date a coñecer o sabado para poder saudarte.
Tamen e importante o Ordes-Castro e o Casas-Cedeira.
Semana amena outra vez por ver os resultados.
Sorte a todos menos o Vilalba esta semana.
Un saudo a todos.

Pd: Temos poucas quinielas esta semana, animadevos.

dantelu dijo...

Outeiro - Mera 1
Jogafan - Castro 1
Troula - Arzua 1
Mexillon - Ventorrillo 2
Casás - Cedeira 1
Vilalba - Melide 1
Boqueixón - Burela 2 (Este ta suspendido)
Xario - Ribeira 2

Eu penso k a salvacion esta mais ou menos nos 35 puntos, poden ser menos, pero con eses probablemente cheguen. Son mais ou menos 12 victorias sobre 30 posibles.

Sorte a todos nesta xornada e xa comentamos os resultados pra semana!!!

Tonecho dijo...

Eu estaba mais ou menos ca mesma idea que Dantelu, pero agora mesmo estamos moitos equipos por debaixo dos resultados normais unha tempada normal.
Esta, penso que e das tempadas con mais nivel xeral das ultimas, con moita diferencia.
Outras veces aparecian 3-4-5 equipos que pelexaban pola liga, este ano, se non pasa algo moi raro, esta feita e quitando o Ribeira de Dantelu se aguanta o tiron, o resto estan a un nivel moi parecido e moi alto. Nun segundo grupo estamos o resto que pelexamos todas e cada unha das victorias como se se tratase dunha final, xa que nos vai o descenso na pelexa.
De todas formas gustariame que tanto Rianxo como Xario, retomaran o nivel de anos anteriores. Penso que as ligas teñen que gañarse contra os mellores e o descenso ten que librarse cos mellores tamen.
Un saudo e sorte a fin de semana.

Vilalba F.S. dijo...

O sábado xa nos presentamos e falamos.
Un saúdo.

Ivanhimovic10 dijo...

Outeiro - Mera 2
Jogafan - Castro 2
Troula - Arzua 2
Mexillon - Ventorrillo 2
Casás - Cedeira 2
Vilalba - Melide 2
Boqueixón - Burela 2
Xario - Ribeira 2

Por certo apareceume competencia, un tal CR9, quen será este crak, eus solo conocia a CM17 xogador do melide jej

Vemonos a noite

Quini.. dijo...

eqee CM17 non e bromaa eeh!! cuidao coa suaa calidadeee..jaja ibraa xa coñecee e estaa sorprendidooo,.. peroo ahoaa si q hai mais competenciaa CR9..JAJA!! un saudoooo a todooooooos!!!

Tonecho dijo...

Quini, tes que facer unha cousa das duas que che vou indicar.
Ou deixa a bebida ou arregla o teclado.
Con tanta vocal non sei se estou mareado ou es ti o que o estas.
O que fai o messenger, manda caral...
Un saudo, e preparate pola noite.

Pd: Ivan a tua si que e unha quiniela con narices. E despois fas porra cos compañeiros?? Es una garantia de pago moi interesante. Se participara na quiniela querria xogadores que apostaran coma ti.
Ou falo para aumentar o bote??

Capitán Brunete dijo...

Outeiro - Mera 2
Jogafan - Castro 1
Troula - Arzua 1
Mexillon - Ventorrillo 2
Casás - Cedeira 1
Vilalba - Melide 2
Boqueixón - Burela 1
Xario - Ribeira 1

Hola a tod@s!
Increíble lo del blog esta semana! Llevo media hora disfrutando con lo que allí se ha dicho. La verdad es que esta semana ha habido de todo en él, se ha hablado de fútbol-sala, asuntos particulares (cosas que gusta mucho a los pseudo-funcionarios), malversación de fondos y tráfico de influencia, e incluso de apuestas ilegales. Tonecho debería de decir algo al respecto porque en la casa de apuestas "Martagón and win" se rumorea que directivos, técnicos y jugadores de Melide FS se dejan los ahorrillos para sacar dividendos millonarios. Habrá que estar atentos a la exclusiva que leamos esta semana en Palas de Rei Times si dice algo al respecto o solo es un bulo, que ya sabeis como es la envidia.
Solo deciros a tod@s que el partido de esta semana es fundamental para las aspiraciones de nuestro equipo, y como ya han dicho por ahí este resultado puede originar que se parta en dos la clasificación, así que hay que ir a ganar a Vilalba sin ningún complejo, por mucho que no hayan perdido ningún partido en casa y tenga una afición muy entregada.
Así que espero que nuestra gente se movilice para seguir a nuestro EQUIPO a Vilalba y nos anime como en la Martagona, que simplemente tengo que decir a esa afición que son IMPRESIONANTES!
Nos vemos esta tarde!

Capitán Brunete dijo...

Por cierto acabo de ver el gol de Manolo, INCREÍBLE Calatrava Junior, je je je.

CR9 dijo...

Manito sabe quen son. Rumenigge. Sorte a todos. jajaja

Anónimo dijo...

Outeiro - Mera:x
Jogafan - Castro:1
Mexillon - Ventorrillo:2
Troula - Arzua:1
Casás - Cedeira:1
Vilalba - Melide:2
Boqueixón - Burela:1
Xario - Ribeira:2

bonito partido o do sabado pasaadoo,con moito xogo e con un ambiente envidiable!!!
sorte contra o vilalba,espero ke gañedes!!

YAGO

Dani dijo...

Outeiro - Mera: 2
Jogafan - Castro:1
Mexillon - Ventorrillo:2
Troula - Arzua: 2
Casás - Cedeira:1
Vilalba - Melide:x
Boqueixón - Burela:1
Xario - Ribeira:2

por pouco me esquezo
moita sorte e a disfrutar da ponte

Tonecho dijo...

Graciñas Yago e Dani, sorte a fin de semana, disfrutade a ponte e vemonos luns, martes ou mercores (en funcion do animo que teñades).
Un saudo.

Fotos Semana Eypar 2010