domingo, 23 de octubre de 2011

Incontestable

Incontestable dominio o exercido polo Bembrive nesta xornada fronte o Melide en todos os aspectos do xogo, sendo superiores de principio a fin e endosandonos un 12-3 final.
Comezamos o encontro moi frios, recordando a primeira parte do debut e os locais en cada chegada facian gol, asi o descanso o encontro xa estaba sentenciado con seis cero. Mais ainda cando a saida dos vestiarios encaixamos dous goles en menos de un minuto. Foron a partir dese intre os mellores minutos do Melide con presión a toda pista, marcando dous goles e tendo outr par de ocasións moi claras. Ainda así o Bembrive, pediu un tempo, rearmouse e volveuse a mostrar moi superior. Destacar a algún xogador logo dunha derrota asi e complicado, pero de facelo sería a Javi e sobre todo a Peke que xogou os seus mellores minutos no Melide FS.
A vindeira semana descansase, pero ainda así o mercores agardemos estar todos no entreno, que como podemos ver semana a semana temos moito que traballar.
O vindeiro rival será en Melide en 15 dias o pizarras los tres cuñados.
Un saúdo.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

xa se ve como vos adaptades a categoria. si cando non se esta preparado para ascender non hay cartos que valgan. e o regalo para os chavales seria o ascenso gañado na pista, enton estarian preparados para o que fora.

Tonecho dijo...

Hola a todos.
Seguimos na liña que se esperaba. Temos moito traballo por facer, adaptarnos o ritmo e perder o medo. Estanos pasado o mesmo que outros anos, para min e un proceso normal e loxico.
Temos cuestions particulares que limar e darnos conta da nosa capacidade.
Paciencia a todos os que nos seguides que esperamos cambiar o ritmo o antes posible.
Agora temos 15 dias para adestrar, sen problemas de partidos. Aproveitaremos para correxir erros puntuais (a maioria dos problemas son puntuais e de medo) e recuperar algun xogador, tanto fisicamente como animicamente.
Animo a todos e vemonos mercores.
Un saudo.

Roberto dijo...

Moi boas a todos. Facía tempo que non entraba no blog.
É normal que vos esté costando adaptarse á categoría, e non sodes os únicos.
Agora ir paso a paso, que tedes un grupo moi novo e con moito marxe para a mellora.
A ver si canto antes nos atopamos de novo ( esperade por nós nesa categoría ), que sempre foi un pracer falar con Tonecho e ver o fútbol sala que practicábades.
Un saúdo dende Vilalba, e sorte.

Tonecho dijo...

Gracias Roberto, tentaremos seguir aqui e esperamos que nos acompañedes na categoria. Sorte este ano en autonomica que parece que tedes algun equipo forte. Un saudo e animo.

S€RGI dijo...

Wnas!
Estivemos falando no entreno de facer a cena de principio de temporada este sabado.En principio vai ser este sabado a nn ser qe nn poida ir moita xente. E esperemos que sexa para celebrar os 3 primeiros puntos.
AUPA MELIDE FS!!animo a xente a acercase at o pabellon de Melide.
Un saudo.

TAPY dijo...

Sorte pa maña rapaces, e xogade como sabedes que todo ira ben e tede paciencia. saudos a todos e AUPA MELIDE FS

Anónimo dijo...

Tonecho hai q fichar q ya te empieza a faltar gente!!

Fotos Semana Eypar 2010